www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019


Deporte • 10/12/2010

Este sábado enfróntanse no pavillón de Chapela o equipo de Fran Teixeira e a Sar, un interesante encontro da Primeira Nacional de balonmán. Nesta ocasión o duelo está marcado pola gran diferenza que existe na táboa entre os dous equipos redondeláns, cos de Chapela en postos de cabeza e a Sar na parte baixa da táboa.


Institucional • 9/12/2010

Así o anunciou o candidato socialista Eduardo Reguera, quen polo de agora non quere adiantar nomes concretos aínda que si afirmou que a lista que o PSOE presentará nos próximos comicios electorais de Maio será unha lista "completamente renovada"


Sociedade • 7/12/2010

En total son 3.000 euros os que recibirá o afortunado que se faga co premio que a Asociación de empresarios entregará a unha das persoas que durante estas datas de Nadal realice as súas compras no comercio local. Para favorecer a accesibilidade á vila os clientes recibirán bonos de parking por cada dúas compras.


Sociedade • 7/12/2010

Acusan ao Concello de "mentir" cando afirmaban no último pleno de non ter información sobre cal podería ser o trazado do enlace norte coa futura autovía xa que aseguran que nun CD que obra en poder do goberno local "aparece un mapa coas posibles zonas de acollida da infraestrutura" sendo a máis probable un vial "dende o alto de Cesantes ata enlazar coa autovía no barrio de Vilar do Mato en Ventosela"


Deporte • 7/12/2010

Ata seis goles subiron ó marcador, tres por cada un dos equipos, que deron mostra do seu xogo ofensivo nesta Primeira Autonómica. Mentres a intensa chuvia provocou o aprazamento do encontro Choco-Barbadás da Preferente Autonómica cando se levaban disputados 32 minutos de partido.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1662] [1663] [1664] [1665] [1666]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2019 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia