www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Febreiro de 2020


Sucesos • 18/11/2011

Un home de 76 anos de idade e veciño da Portela resultou ferido grave nun accidente que se produciu na mañá de onte na N-550 á altura da pasarela peonil que comunica a antiga casa cuartel da Garda Civil coa baixada ao Concello.

 


Cultura • 17/11/2011

O actual concelleiro de Cultura, Alberto Pazos acusa ao seu predecesor no cargo de "malgastar os cartos dos redondeláns" e asegura que a situación económica que se atopou cando chegou ao cargo provocou recortes tanto na programación cultural como nas axudas que este departamento viña concedendo ás asociacións.


Política • 17/11/2011

O alcalde de Redondela asegura que a denuncia do PSOE ante a Xunta Electoral e que levou a este organismo a incoar un expediente sancionador contra o rexedor local e o presidente da Autoridade Portuaria, Ignacio López Chaves baséase en afirmación falsas. Argumentan que en ningún caso se visitaron "obras construídas e outros proxectos pendentes de construcción ou da súa terminación" tal e como se recolle na denuncia.


Sociedade • 17/11/2011

O concello organiza o 26 de novembro no Centro Cultural de Negros  unha xornada técnico divulgativas na que se analizará o potencial que o cultivo desta froita pode ter como recurso económico na zona de Redondela. Os interesados en participar poden poñerse en contacto coa organización enviando un correo a aedl@redondela.es ou chamando ao 986110045.


Política • 16/11/2011

 

O alcalde de Redondela e o Presidente do Porto, Ignacio López Chaves veñen de ser expedientados polo órgano electoral por mor da visita que facían o oito de novembro aos terreos do futuro Museo de Rande. Javier Bas di “non estar de acordo coa decisión” pero espera a coñecer os pormenores da mesma para facer unha valoración”. A sanción por infracción electoral pode chegar ata os 3.000 euros.

 




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1664] [1665] [1666] [1667] [1668]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia