www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Xaneiro de 2019


Deporte • 22/03/2010

O equipo redondelán mantense líder da Preferente sur despois de remontar un 0-1 ó Rápido Bahía con dous homes menos. Nos últimos minutos de xogo o Choco fíxose forte na adversidade e sumou tres puntos, grazas ós goles de Molinos e Aitor Gómez. No resto de categorías predominaron tamén os resultados positivos para os equipos locais.


Sociedade • 22/03/2010

As diferenzas salariais entre homes e mulleres ou as repercusións da crise no sector feminino son dous dos argumentos que se analizarán ás 19:30 horas de mañá na Casa da Cultura. Un acto organizado pola Concellería de Igualdade no que participarán sindicalistas de CIG, CCOO e UXT.


Deporte • 22/03/2010

O Canario xogará a fase de ascenso á División de Honra B logo de asegurarse matematicamente a segunda praza na categoría. Os dous equipos locais disputarán a vindeira fin de semana un apaixonante derbi no pavillón de Chapela

 


Institucional • 18/03/2010

O goberno local, cos votos a favor de PSOE e BNG aprobou hoxe de xeito definitivo a nova ordenanza fiscal que regulará a taxa de auga e saneamento logo de rexeitar as alegacións presentadas. PP e Partido galeguista votaron en contra da modificación que "suporá un incremento global dun 24%"


Sociedade • 18/03/2010

Baixo o slogan "A garabata poñémola nós, todo o demais atoparalo no Comercio de Redondela" a Asociación de Empresarios de Redondela promove o Día do Pai agasallando a todos os pais que se acheguen á caseta que durante toda a xornada permanecerá nos soportais do Concello




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1691] [1692] [1693] [1694] [1695]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2019 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Xoves, 24 de Xaneiro de 2019 - 19:30
Castelao na Casa da Cultura
Normalización Lingüísitca organiza o 24 de xaneiro ás 19:30, unha charla en torno a Castelao a cargo de Carlos López Bernárdez, autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia.
Venres, 25 de Xaneiro de 2019 - 18:00
Concerto con Uxia Lambona
Gala concerto das Bibliotecas municipais con "Uxia Lambona e a Banda Molona" no Multiúsos da Xunqueira o venres ás 18:00 horas. No acto terá lugar tamén a entrega de premios aos Mellores Lectores Infantís do 2018. Entrada de balde.
Sábado, 26 de Xaneiro de 2019 - 09:00
Xornadas Andaina
Charlas de diversos temas en torno á diversidade e obradoiros sobre coaching emocional na xornada do sábado día 26 en horario de mañá e tarde. Inscrición a través do facebook e o blog de Andaina. Ten un custe de 20 euros (10 euros reducida).
Sábado, 26 de Xaneiro de 2019 - 20:30
O enfermo imaxinario
O grupo Atlántida de Matamá adapta a obra de Molière: o enfermo imaxinario. Terceira proposta no Ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural de Chapela en colaboración co COncello. O sábado 26 ás 20:30 no Piñeiral do Crego.
Domingo, 27 de Xaneiro de 2019 - 18:00
A sala de Catapumchimpum
Teatro infantil de monicreques coa compañía Titiribaile. O domingo 27 ás 18:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
Xoves, 31 de Xaneiro de 2019 - 12:00
Ximnasia para maiores
Aberto o prazo de inscrición nun programa de ximnasia dirixido a persoas maiores. As clases impartiranse en horario de mañá nos pavillóns de Redondela e Chapela. Inscrición antes do 31 de xaneiro nas oficinas de Servizos Sociais.
Xoves, 31 de Xaneiro de 2019 - 12:00
Barbies contra a desiguladade
Unha exposición que leva por nome "Rompe. Xoga en iguladade" impulsada pola Deputación para denunciar a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. Poderá verse de luns a venres no concello de Pazos de Borbén, en horario de 9:00 a 14:00h.
Sábado, 2 de Febreiro de 2019 - 20:30
Misturarte Teatro
O grupo de Chapela estrea a súa nova obra A reunión dos Zanni no marco do ciclo de teatro afeccionado de Chapela. No Multiúsos do Piñeiral do Crego o sábado 2 ás 20:30 horas con entrada de balde.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia