www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Abril de 2019


Cultura • 4/06/2010

Esta fin de semana, e como complemento ás festas da Coca, Redondela celebra a terceira edición da Recreación Medieval. Na contorna da Casa da Torre celébrase o mercado, con obradoiros nos que os nenos poderán participar. As actividades complétanse cun campamento medieval, demostracións de loita de cabaleiros e tiro con arco. O prato forte será o sábado ás doce da noite co espectáculo "A Lenda da Coca", cun dragón de 12 metros, música, lume e pirotecnia.


Sucesos • 3/06/2010

Augas de Galicia ven de abrir expediente sancionador a esta empresa auxiliar conserveira afincada en Rande. O organismo autonómico asegura que o vertido está xa controlado logo de que a empresa solucionase a fuga de combustible procedente da zona de caldeiras. Mantense a bandeira vermella nas praias de Arealonga e Cabanas así como nos areais de Mende e a punta en Teis.

 


Cultura • 3/06/2010

O historiador redondelán José Martínez Crespo é responsable dos textos que acompañan á exposición "A Coca en 1.000 imaxes" que ata o vindeiro 19 de xuño se pode visitar no Multiusos da Xunqueira.


Sucesos • 3/06/2010

Os feitos tiveron lugar a última hora de onte polo que as alfombras puideron ser confeccionadas novamente. O home foi detido pola Policía Nacional como presunto autor dun delito de resistencia e desobediencia á autoridade logo de tentar agredir aos axentes


Sucesos • 3/06/2010

Técnicos de Augas de Galicia procederán hoxe a realizar una inspección nas empresas de la zona, aínda que non se desbota que o fuel proceda dun vertido dende o mar, dalgunha embarcación. O vertido contaminante obrigou a pechar as praias de Chapela e Rande así como os areais de Mende e A Punta en Teis




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1709] [1710] [1711] [1712] [1713]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Abr 2019 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Próximos Eventos...
Venres, 26 de Abril de 2019 - 10:00
Día do Maior
Redondela organiza o venres 26 unha xornada lúdica e festiva para os maiores do municipio. Celebrarase o Día do Maior no Complexo Deportivo Santa Mariña e no Pavillón Municipal da Marisma en horario de 10.00 a 19.00 horas.
Venres, 26 de Abril de 2019 - 12:00
Xornada na Illa de San Simón
A Illa de San Simón acollerá o 26 de abril unha xornada baixo o nome A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Redondela e o Consello da Cultura Galega. De balde con inscrición previa.
Sábado, 27 de Abril de 2019 - 17:00
Obradoiro de cociña mexicana
Xuventude organiza clases de cociña mexicana orientadas a mozos e mozas de entre 15 e 18 anos. Impartiranse o día 27 no local Tía Estébana na rúa Reveriano Soutullo e compre inscrición previa a través dun formulario na páxina web do concello.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia