www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 6 de Agosto de 2020


Deporte • 26/03/2012

Ata en dúas ocasións tiveron que remontar o marcador os de Jacobo Montes, que conseguiron sumar un punto logo de os porriñeses se puxeran por diante en Santa Mariña. O empate mantenos na segunda praza, pero a menos distancia dos seus seguidores. Esta é a sombra dunha xornada marcada polo brillo da maioría dos equipo locais, con resultados positivos en Primeira, Segunda e Terceira Autonómica.


Deporte • 26/03/2012

 Nunha espléndida tarde para o remo, os anfitrións fixéronse coa Bandeira na categoría Absoluta Masculina. Un triunfo moi traballado e disputado, xa que remataron a regata tan só unhas décimas por riba de Tirán, que acabou na segunda praza. Os de Chapela conseguiron tamén a terceira praza nas categorías Xuvenil e Cadete Masculina, e a segunda na Promesa Feminina.

 


Deporte • 26/03/2012

Fin de semana de vitorias para o balonmán local. O Paraxe lograba unha vez máis imporse nun partido disputado en Chapela ante o Cinco Jotas e a SAR acadaba o seu obxectivo de abandonar o último posto da clasificación grazas a un axustado triunfo ante o OAR nun partido que rematou co resultado de 29-28.


Cultura • 26/03/2012

Durante toda a fin de semana centos de persoas achegáronse ao Castelo de Soutomaior para gozar dunha nova edición do Certame da Camelia. Unha exposición que celebraba a súa XII edición nuns xardíns, os da fortaleza medieval, que veñen de ser recoñecidos como de "excelencia internacional" distintivo único en España e que tan só comparten outros 18 xardíns en diferentes puntos do planeta.


Sucesos • 26/03/2012

Un mozo de 23 anos de idade, D.P.C. veciño da parroquia de Cesantes foi detido na media noite do sábado pola Policía Local por ir ao volante dun vehículo Peugeot 205 pese a ter o permiso de conducir retirado. O detido pasou xa a disposición xudicial.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1710] [1711] [1712] [1713] [1714]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Venres, 7 de Agosto de 2020 - 15:30
Doazón de sangue en Chapela
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase a Chapela. As persoas que desexen facer as súas doazóns poden achegarse a ese autobús que estará ubicado nas inmediacións da Alameda o mércores 18 de 15:30 a 21:00 horas.
Venres, 7 de Agosto de 2020 - 20:00
Festival de Artistas de Rúa
O festival celebra a súa XXI edición o venres 7 de agosto, nunha tarde noite na que as rúas e prazas de Redondela encheranse de espectáculos en pequeno formato con música, pallasos e malabares.
Sábado, 8 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús Culturais: 33RPM
O grupo redondelán actuará o sábado 8 de agosto ás 12:30 horas na praza José Figueroa dentro do programa de Vermús Culturais que organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 9 de Agosto de 2020 - 21:30
Tr3s por C4tro
O grupo de música tradicional TresporCatro integrado por Paco da Fonte, Carlos do Viso e Vento ofrecen un concerto de balde na Alameda de Castelao o domingo 9 ás 21:30 horas.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:00
Consulta popular
Participación Cidadá convida aos veciños a participar nunha enquisa para a eleccións dos festivos locais e a peonalización do centro da vila. Na web www.redondela.gal ou entregando unha instancia no rexistro municipal antes do 15 agosto.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús culturais: As Efémeras
Tras as súas primeiras actuacións a través das redes durante o confinamento, As Efémeras chegan tamén a rúa cun concerto o 15 de agosto ás 12:30 horas na praza da Constitución. Unha actuación enmarcada nos Vermús culturais do Concello.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 22:00
Tanto nos ten
Música tradicional galega o sábado 15 de agosto ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 16 de Agosto de 2020 - 21:30
Música cos Carapaus
Música tradicional co grupo Os Carapaus o domingo 16 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia