www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Febreiro de 2020


Deporte • 5/08/2011

Logo de descender a pasada temporada a Provincial, no club redondelán confiaban en poder manter a categoría autonómica grazas á renuncia dalgúns dos clubs que atravesan problemas económicos. Finalmente chegou a noticia máis desexada para xogadores e directiva: o equipo recupera a categoría.


Cultura • 5/08/2011

O grupo de música tradicional será o encargado de pechar o festival folk que contará coa presenza dos vigueses The Crass e a Banda de gaitas do Concello. Os asistentes ao concerto, que arrancará as 22:00 horas, poderán gozar durante toda tarde coa animada música da charanga "Os Amigos".


Sociedade • 4/08/2011

A Policía Local de Redondela precintará mañá por duodécima vez catro elementos que conforman a planta de formigón de Vilar de Infesta cumprindo así unha resolución da alcaldía. Unha medida que se ten demostrado inútil, xa que os propietarios da empresa retiran os precintos e continúan a traballar con normalidade.


Sociedade • 4/08/2011

O centro da información á muller de Redondela constata que entre os veciños e veciñas hai aínda unha certa tendencia a xustificar o inxustificable cando se fala de violencia contra as mulleres. De feito unha enquisa do ministerio de Igualdade constata que o 72% dos españois atribúa a violencia machista a problemas psíquicos.


Institucional • 3/08/2011

En total formalizáronse 96 novos contratos en toda a comarca no pasado mes de xullo. O concello máis beneficiado foi Pazos de Borbén con 45 parados menos respecto do mes anterior mentres que en Redondela a menor importancia do sector servizos fixo que tan só abandonaran o antigo INEM 14 persoas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1711] [1712] [1713] [1714] [1715]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Luns, 24 de Febreiro de 2020 - 17:30
Entroido infantil Soutomaior
O luns 24 en Talo Río das 17:30 ás 19:30 entroido infantil con inchables, obradoiros de máscaras tradicionais galegas, máscaras con elementos naturais e espectáculo musical de animación Cantabaile. Para degustar flocos de millo e algodón doce.
Xoves, 27 de Febreiro de 2020 - 17:00
Taller artístico na Biblioteca
A biblioteca de Soutomaior organiza o xoves 27 un contacontos e a creación dun gran cadro colectivo cunha mensaxe de igualdade. A participación no taller, orientada a maiores de 7 anos, é gratuíta. Inscrición na paxina web municipal.
Venres, 28 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. O venres 28 de 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 29 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia