www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Novembro de 2019


Sociedade • 3/03/2011

As cintas colocadas polos axentes da policía a media mañá de onte foron retiradas pola tarde, segundo confirmou o denunciante José Manuel Crespo. Unha información ratificada pola policía local, quen ten constancia de que xa a media tarde os elementos precintados estaban a traballar con normalidade.


Cultura • 2/03/2011

Un total de 16 comparsas desfilarán este domingo polas rúas do casco urbano que permanecerán pechadas ao tráfico a partir das 16:30 horas. A programación deste ano inclúe ademais verbenas e actividades para os cativos na tarde do sábado. O espectáculo de fogos de artificio do martes será este ano menos espectacular que en edicións anteriores por un recorte no orzamento.


Cultura • 2/03/2011

O BNG de Soutomaior organiza a mostra "Fotos de muller, mulleres de foto" que se poderá visitar na Alameda de Taloría entre o 4 e o 9 de Marzo. A presentación será o xoves 3 na Casa da Cultura de Arcade ás 20:30 horas.


Institucional • 2/03/2011

Axentes da policía local procederon na mañá de hoxe a precintar novamente varias das instalacións que a empresa Hormigones Vigo ten na parroquia de Vilar de Infesta. Unha medida que se ten demostrado pouco eficiente xa que días despois de cada intervención policial a empresa retira o precinto e retoma a actividade con normalidade.


Cultura • 1/03/2011

O entroido deixa en Chapela dúas citas reseñables. O sábado 5 un participativo festival onde non flatará a música, as parodias e como non os disfraces. Sete días máis tarde a despedida oficial das festas será coa tradicional queima do berete.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1713] [1714] [1715] [1716] [1717]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Nov 2019 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Sábado, 16 de Novembro de 2019 - 18:30
Magosto en Cedeira
O centro cultural de Cedeira celebra este sábado día 16 o seu tradicional Magosto a partir das 18.30. A directiva servirá castañas asadas e chourizos acompañados de viño tinto da parroquia. Un acto festivo que contará con amenización musical.
Sábado, 16 de Novembro de 2019 - 20:00
Concerto Tanto nos ten
A Concellería de Cultura continúa co ciclo de musica folk cun concerto este sábado 16 ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira ás 20:00h a cargo do grupo "Tanto nos Ten". A entrada é de balde.
Luns, 25 de Novembro de 2019 - 12:00
Excursión a Perlim
Pazos de Borbén organiza unha viaxe o 1 de decembro ao parque temático de Nadal de Perlim, situado nas proximidades do Porto. O prazo de inscrición finalizará o 25 deste mes. O prezo da saída é de 33 euros por persoa.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz