www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 29 de Febreiro de 2020


Sucesos • 12/08/2011

O corte afectou a un total de oito trens á primeira a consecuencia dun suceso que se producía na madrugada de onte  e que obrigaba a cortar o tráfico ferroviario entre as cidades de Pontevedra e Vigo. Uns 300 pasaxeiro víronse afectados e tiveron que realizar o percorrido en autobús.


Sociedade • 11/08/2011

Un programa de obradoiros organizados pola asociación de montes de Ventosela e o centro social A Miñoteira serve para que durante cinco mércores consecutivos os cativos participantes coñezan os bosques e montes da contorna. As saídas ao exterior complétanse con obradoiros de elaboración de instrumentos musicais e reciclado de papel.


Institucional • 11/08/2011

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Alvarez argumenta que a retirada provisional do servizo de préstamo de bicicletas en Chapela responde a que carece de demanda veciñal. En todo o ano pasado os veciños desta parroquia usaron estes vehículos en tan só 95 ocasións.


Institucional • 10/08/2011

Os operarios do servizo solicitan que a empresa se sente a negociar un convenio colectivo "algo que levan dous anos intentando". A folga afectaría aos municipios de Ponte Caldelas, Vilaboa e Soutomaior e a outros servizos que Urbaser desenvolve en diferentes puntos de Galicia.


Cultura • 10/08/2011

Os indignados de Redondela organizan unha proxección de curtametraxes sobre a situación da crise socioeconómica este mércores ás 22:00 horas diante da casa consistorial. Mañá, dentro da programación das Noites Máxicas proxectarase a "sección friki" do Redondela en Curto. Será na Casa da Torre ás 23 horas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1714] [1715] [1716] [1717] [1718]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 29 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 20:00
Relatos negros con Manquiña
o ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura deixanos o sábado 29 áds 20:00 horas a obra Relatos negros de manuel Manquiña. As entradas pódense recoller no Multiúsos 7€ normal (5€ reducida).
Domingo, 22 de Marzo de 2020 - 12:00
Xuntanza dos nados no 1950
Celebrarán un xantar o día 22 de marzo na Casona da Torre. As invitacións pódense retirar no Café da Vila. Contacto 633808061. O obxectivo é celebrar o 70 aniversario dos nacidos nese ano cunha xornada de convivencia.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz