www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Setembro de 2019


Sociedade • 24/11/2010

O ruxe-ruxe na vila fala de cambio, pero dende o BNG nin se confirma nin se desminte. Entenden que é preciso "cumprir os trámites" e non será ata o vindeiro sábado cando no transcurso da Asamblea local se dea a coñecer a candidatura que o partido presentará ás vindeiras elección municipais.


Sociedade • 24/11/2010

O recen elixido presidente da asociación de empresarios Arcade Soutomaior Bernardo José Abal asegura que asume o cargo ao fronte do colectivo con "ideas revolucionarias" xa que entende que é preciso en momentos de dificultades como o que estamos a vivir botar man de "iniciativas novidosas e ilusionantes".


Institucional • 24/11/2010

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, visitou esta mañá Redondela para coñecer diferentes actuacións desenvolvidas desde as concellerías do Bloque, como a recuperación ambiental do río Pexegueiro ou a creación do local de Nsaio. Xa no peirao de Cesantes reuniuse con membros da Confraría para coñecer as súas demandas, que pasan, entre outras cuestións, pola mellora das instalación da lonxa.


Sucesos • 24/11/2010

Os feitos tiveron lugar na madrugada de onte. Segundo información da policía local,

os ladróns subtraeron o cable que subministra enerxía ao alumeado municipal nun tramo de 500 metros deixando sen luz a estrada que vai dende o barrio de Casal do Monte ata Vilar, no entorno de Chan das Pipas.


Institucional • 23/11/2010

O BNG demanda ao Ministerio de Fomento información sobre o número de expropiacións sque se van realizar en Chapela ante o temor de que as propiedades  afectadas sexan máis das que se recollen no proxecto publicado no BOE. Os veciños denunciaron hai semanas que unha empresa esta a realizar indagacións na parroquia nese sentido.

 




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1715] [1716] [1717] [1718] [1719]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2019 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      

Próximos Eventos...
Domingo, 15 de Setembro de 2019 - 12:00
Cafetería Chan das Pipas
A Comunidade de Montes de Saxamonde saca a concurso o aluguer da cafetería do Centro Cultural de Chan das Pipas. Os interesados poden enviar un correo ao enderezo cmvmcsaxamonde@gmail.com ou poñerse en contacto a través dos tlf 627281470 ou 660981935.
Venres, 20 de Setembro de 2019 - 18:30
Contacontos en Chapela
A biblioteca Xela Arias de Chapela acolle o venres 20 ás 18:30 horas un contacontos en verso a cargo da poeta Yolanda Castaño. Unha actividade orientada a nenos e nenas a partir dos 3 anos de idade con entrada libre.
Xoves, 26 de Setembro de 2019 - 09:00
ITV vehículos agrícolas
A explanada do Salgueirón en Soutomaior acollerá o xoves 26 unha inspección técnica orientada a vehículos agrícolas. o horario de inspección será de 9:00 a 13:30h. A cita previa poderá concertarse na páxina www.sycitv.com ou no 902309000.
Luns, 30 de Setembro de 2019 - 18:30
Bebecontos en Chapela
A compañía Trémola teatro ofrece o bebecontos : Que animaliño é? o luns ás 18:30 horas. Orientado a crianzas de 6 meses a 3 anos de idade. Compre inscrición previa na biblioteca de Chapela.
Mércores, 2 de Outubro de 2019 - 12:00
Estimulación terapeutica
Os multiúsos de Redondela e Chapela acollen un programa de estimulación cognitiva organizado por Afaga que busca ralentizar el deterioro cognitivo. Luns e mércores de 10:30 a 13:30 na Xunqueira e os martes e xoves no mesmo horario no Piñeiral.
Hoxe na Radio