www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Febreiro de 2020


Sociedade • 8/07/2011

Aprender a manexar unha embarcación de vela e gozar dunha fin de semana completa na Illa é unha das atractivas ofertas que nos deixa o Club Náutico San Simón. Dende a súa sede no peirao de Cesantes organizan diferentes actividades orientadas a tódalas idades.


Sociedade • 8/07/2011

Os dous portos deportivos de Redondela solicitan unha mellora na accesibilidade e máis investimentos para mellorar as deficiencias medio ambientais. Así llelo fixeron saber ao presidente da deputación Rafael Louzán quen se reuniu onte con representantes de 34 portos deportivos de todo Galicia, entre os que se atopaban os de Cesantes, Chapela e tamén Arcade.


Sociedade • 8/07/2011

Cada verán o monte galego é vítima dos incendios. Con tan só o 8% da superficie forestal do Estado, Galicia sofre case o 50% dos seus lumes, con 20.000 hectáreas queimadas cada ano. En Redondela os veciños entenden que para evitalo só hai un camiño: a prevención. Coinciden cos sindicatos agrarios e ecoloxistas en que son necesarios "máis recursos" para conservar mellor os montes e máis presenza de brigadas para "disuadir ós pirómanos".

 


Política • 7/07/2011

Os concelleiros con responsabilidades de goberno percibirán unha retribución bruta anual de 14.500 euros e deberán dedicar alomenos 18 horas semanais a xestión da área que presidan. Unhas dedicacións parciais que foron aprobadas onte nun pleno no que se acordou tamén rebaixar nun 30% a contía que cobrarán os voceiros dos grupos políticos, logo de que así o propuxera o portavoz socialista Luís Orge


Cultura • 6/07/2011

Esta iniciativa, enmarcada dentro do proxecto "Embárcate con Vigo" arranca esta fin de semana con saídas dende o peirao de Cesantes ás 12:45 e ás 16:00 horas. O obxectivo é aproveitar o interese turístico de San Simón para que veciños e visitantes coñezan o a Illa e a súa historia.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1717] [1718] [1719] [1720] [1721]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia