www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Setembro de 2020


Sociedade • 7/03/2012

Pasaban das sete da tarde cando os veciños, arredor dun cento, partían dende a praza de Ribadavia en dirección ao concello. Un pequeno percorrido de tan so uns metros que lles serviron para visibilizar uns problemas que veñen semanas denunciando: os atrasos en diferentes obras na parroquia de Chapela que afectan de cheo á calidade dos veciños que residen ou empregan os Camiños do Subido, Penisal e Ánimas.


Política • 7/03/2012

O goberno local asegura que a Deputación comprometeuse a asumir na súa totalidade o custe das obras a pesar do incremento no orzamento inicial. Entenden o malestar dos veciños que esta tarde se concentrarán diante do Concello para protestar pola parálise de diferentes obras pero insisten en que os atrasos responden a "situacións sobrevidas que están a ser xestionadas".


Sociedade • 7/03/2012

O PP critica "a xestión pouco transparente do bipartito" que obrigou ao concello a aportar dous millóns de euros nun obra na que xa se investiron 5'5 millóns a pesar de que nun principio debía cubrirse cos 3'2 millóns procedentes do Plan E.


Política • 7/03/2012

Asegura a Agrupación de Electores que o concello abona o gasóleo que se consume nas instalacións xestionadas por Serviocio e que asume ademais a totalidade do gasto da electricidade, cando segundo o contrato existente coa concesionaria non consta que eses conceptos deban ser sufragados polo Concello


Cultura • 7/03/2012

A actividade, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reunirá hoxe e mañá en San Simón a expertos nas redes sociais e activos blogueiros para analizar a revolución de internet e os desafíos que a rede implica como plataforma de comunicación e relacións sociais.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1745] [1746] [1747] [1748] [1749]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2020 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Próximos Eventos...
Luns, 21 de Setembro de 2020 - 12:00
Suvbencións: Igualdade
Os colectivos que organicen actividades de promoción da muller e a igualdade teñen de prazo para solicitar as axudas municipais ata o 21 de setembro. Máis información na páxina www.redondela.gal
Domingo, 27 de Setembro de 2020 - 12:00
Axudas comedor escolar
As persoas interesadas en solicitar as axudas de comedor escolar para nenos escolarizados en centros público do municipio teñen de prazo ara o 27 de setembro. Máis información na páxina web www.redondela.gal
Venres, 30 de Outubro de 2020 - 12:00
Axudas polo Covid
O Concello ten aberto ata o 30 de outubro o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas sociais orientadas a familias que se viran afectadas polo COVID-19. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio