www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020


Deporte • 16/01/2012

En primeira nacional masculina falamos de balonmáns e da situación dos equipos locais que retoman a tempada logo do descanso do Nadal repetindo comportamentos. Así o Paraxe Chapela arranca cunha nova vitoria ante o Camariñas, nun encontro que rematou co resultado de 40 goles a 27. A SAR colleita unha nova derrota na súa visita ao campo de Cinco Jotas, nun partido que finalizou cun 32-28 no marcador.


Sucesos • 16/01/2012

O condutor, ao que lle constan seis suspensión temporais do permisos de condución por varias infraccións, presentaba unha taxa de alcol que cuadriplicaba o permitido ao volante.


Sociedade • 13/01/2012

Son datos achegados polo presidente da asociación de empresarios de Redondela, José Antonio Gómez, que avoga por unha maior unión dos empresarios do ramo revitalizar e poñer en valor un sector no que o municipio sempre foi referente.


Sociedade • 13/01/2012

Con este anuncio o concelleiro de tráfico Arturo González contesta ás críticas do BNG, quen acusaran ao goberno local de "insensibilidade" por non ter habilitado prazas de estacionamento para as persoas con minusvalía nas inmediacións do edifico da piscina.


Sociedade • 13/01/2012

A parroquia de Amoedo no concello de Pazos de Borbén celebra este sábado e domingo as festas na honra de San Mauro, cunha serie de actos relixiosos, verbena nocturna e os tradicionais cocidos con cacheira nas casas da parroquia e restaurantes da zona.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1748] [1749] [1750] [1751] [1752]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Domingo, 9 de Agosto de 2020 - 21:30
Tr3s por C4tro
O grupo de música tradicional TresporCatro integrado por Paco da Fonte, Carlos do Viso e Vento ofrecen un concerto de balde na Alameda de Castelao o domingo 9 ás 21:30 horas.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:00
Consulta popular
Participación Cidadá convida aos veciños a participar nunha enquisa para a eleccións dos festivos locais e a peonalización do centro da vila. Na web www.redondela.gal ou entregando unha instancia no rexistro municipal antes do 15 agosto.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús culturais: As Efémeras
Tras as súas primeiras actuacións a través das redes durante o confinamento, As Efémeras chegan tamén a rúa cun concerto o 15 de agosto ás 12:30 horas na praza da Constitución. Unha actuación enmarcada nos Vermús culturais do Concello.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 22:00
Tanto nos ten
Música tradicional galega o sábado 15 de agosto ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 16 de Agosto de 2020 - 21:30
Música cos Carapaus
Música tradicional co grupo Os Carapaus o domingo 16 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
Venres, 21 de Agosto de 2020 - 22:00
Caramushow
Teatro e música no espectáculo de Caramusho Vermello que se poderá ver o venres 21 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús: Pacíficos errantes
A praza de Santiago Apóstolo acolle un concerto moi especial, coa actuación do dúo de ukelele e guitarra, Pacíficos errantes. O sábado 22 ás 12:30 horas enmarcado no programa dos Vermús culturais.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 12:00
Pakolas en Concerto
A música de pakolas soará o domingo 23 de agosto ás 12:00 horas na Alameda de Castelao.
Hoxe na Radio