www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019


Institucional • 1/06/2010

Os votos a favor de PSOE e BNG permitiron sacar adiante as contas municipais nun pleno extraordinario celebrado na mañá de hoxe. Dende os grupos da oposición tanto PP como PG criticaron o elevado endebedamento do concello, en torno a un 70% e o escaso investimento no rural.

 


Institucional • 1/06/2010

A Consellería de Sanidade desbota recuperar a unidade móbil que realizaba as probas diagnósticas de detección precoz de cancro de mama e que viña atendendo ás mulleres de entre 50 e 69 anos de idade de toda a bisbarra.


Deporte • 1/06/2010

Os de Soutomaior garantiron a permanencia coa vitoria da pasada xornada no campo do Juvenil, polo que despedirán a liga en Arcade celebrándoo coa súa afección. O desexo do club é facelo cun triunfo sobre o Domaio, para agasallar con este fin de festa ós seus seareiros despois dos altibaixos desta temporada.


Cultura • 1/06/2010

As actividades tradicionais, como a Danza da espadas ou as alfombras florais comparten cartel cunha exposición sobre a Coca e unha nova edición do mercado artesanal que se vai desenvolver na fin de semana nas inmediacións da Casa da Torre. O edil de cultura fai un chamamento para asegurar o relevo das "burras" no vindeiro ano.

 


Institucional • 31/05/2010

A diminución nas achegas do Estado obrigan a reducir en dous millóns de euros o orzamento para o presente exercicio, que ascenderá a 19'7 millóns de euros. A partida máis importante, de un millón de euros, investirase na adquisición dunha parcela de 30.000 metros cadrados en Chapela. O documento económico debaterase nun pleno extraordinario mañá martes ás 9:30 horas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1751] [1752] [1753] [1754] [1755]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2019 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Mércores, 26 de Xuño de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Mércores, 26 de Xuño de 2019 - 20:30
Bicos sonoros de amizade
Concerto no Multiúsos da Orquestra de saxos e a Xingro’s Big band. Unha actividade de balde que se desenvolverá este mércores día 26 ás 20:30 horas baixo o título Bicos sonoros de amizade.
Xoves, 27 de Xuño de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Venres, 28 de Xuño de 2019 - 18:00
Actuación de Orella Pendella
A praza de Lenda acolle este venres día 28 ás 18:00 horas unha actividades do Servizo de Normalización Lingüística orientada a nenos e nenas de 0-6 anos. Orella Pendella a través da música e do baile ensina refráns, ditos e palabras en galego.
Sábado, 29 de Xuño de 2019 - 19:30
San Xoán en Rande
A Asociación Cultural e Deportiva de Rande adiou a súa festa de San Xoán para o vindeiro sábado 29. O acto arrancará ás 19:30 horas e incluirá a tradicional fogueira así como a posibilidade de degustar xurelos, pan e viño a prezos populares.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz