www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Xullo de 2019


Institucional • 14/06/2010

O Valedor do pobo da a razón aos veciños da zona e insta a Dirección Xeral de Infraestruturas a "paliar as molestias causadas aos habitantes da zona". A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila solicita ao goberno que atenda ás demandas do Valedor do pobo para rebaixar os ruídos e o resto dos problemas que están a provocar as obras do AVE

 


Deporte • 14/06/2010

Celebrarase o domingo día 20 de xuño, co mesmo percorrido do ano pasado, un total de 6 quilómetros entre Redondela e Cesantes. Será a última oportunidade para participar nesta modalidade, xa que o próximo ano a organización ampliará o percorrido a 10 quilómetros entre Chapela e Redondela.


Deporte • 14/06/2010

Samertolameu é o primeiro líder da Liga Galega de Traiñeiras tras gañar a Bandeira Concello de Ares na xornada de onte. Pero puxéronllo complicado os barcos de Náutico de Vigo e Chapela, que demostraron estar en moi boa forma. Xa o sábado o club de Remo de Chapela acadou o cuarto posto na Bandeira Deputación, detrás de Tirán, que foi a gañadora, Samertolameu e Amegrove.


Institucional • 14/06/2010

Carteis coa lenda "non comer marisco sen depurar. Perigo sanitario" poden verse xa na praia de Cesantes. Unha iniciativa que anualmente pon en marcha a Confraría de Redondela co obxectivo de reducir o marisqueo furtivo.


Cultura • 11/06/2010

Deixando a un lado a programación do Festival Millo Verde, dende hoxe e ata o domingo hai outras alternativas para o tempo de ocio que pasan pola presentación do libro Pedras Labradas, as actuación do transformista Cristian, as festas patronais na honra de San Antonio e un roteiro polos montes de Ventosela e O Viso




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1756] [1757] [1758] [1759] [1760]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2019 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Sábado, 20 de Xullo de 2019 - 22:00
Fanfarria Taquikardia
A animada música da fanfarria Taquikardia porán ritmo á noite do sábado 20 de xullo ás 22:00 horas. Un concerto de balde na praza da Casa da Torre enmarcado na programación cultural do concello.
Domingo, 21 de Xullo de 2019 - 22:00
Coanhadeira
Espectáculo Bicos con luvas do grupo Coanhadeira, o domingo 21 ás 22:00 horas na praza da Casa da Torre. Organiza Concello de Redondela.
Domingo, 21 de Xullo de 2019 - 23:30
Guillermo Castro en Cesantes
A praia de Cesantes acolle o domingo 21 ás 23:30 horas un concerto a cargo do cantautor Guillermo Castro. Actuación de balde organizada polo Concello de Redondela.
Mércores, 24 de Xullo de 2019 - 22:00
Concerto de Treixadura
A música folk soará no paseo marítimo de Chapela cun concerto a cargo do grupo Treixadura o mércores 24 ás 22:00 horas. Actividade debalde organizada polo concello de Redondela.
Venres, 26 de Xullo de 2019 - 22:00
Habelas Hainas
Catro mulleres comprometidas integran esta formación musical Habelas Hainas, que se poderá escoitar o venres 26 ás 22:00 horas na praza da Casada Torre. Unha actividade de balde enmarcada na programación cultural do COncello.
Luns, 29 de Xullo de 2019 - 11:30
Contacontos en Chapela
A Biblioteca de Chapela organiza o luns 29 ás 11:30 horas un contacontos orientados e cativos de 6 meses a 4 anos. A actividade correrá a cargo do grupo Trémola Teatro e leva por título "Que animaliño é?".
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz