www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 28 de Febreiro de 2020


Sociedade • 22/09/2010

Unha media de 93.018 condutores entran cada día no centro urbano de Vigo polos seus diferentes viarios de acceso. Deles, un 13,5%, o que son máis de 12.500, proceden do municipio de Redondela. A vía máis utilizada para acceder á cidade olívica é a autoestrada AP-9, actualmente ó bordo da saturación.


Deporte • 22/09/2010

O prazo de matrícula está aberto ata o sábado 25 de setembro en actividades como natación, tenis, patinaxe, baile ou ximnasia rítmica. Xa se apuntaron 290 persoas, e desde o Concello calculan que superarán a cifra dos 350 inscritos, tanto en actividades para nenos como nas de adultos.


Deporte • 22/09/2010

O primeiro equipo estreouse cunha vitoria sobre o Calvo Xiria, e esta fin de semana desprázanse para xogar no Porriño. Desde a directiva salientan o bo nivel de xogo dos de Fran Teixeira, pero insisten en que a máxima prioridade do club é fomentar o deporte entre os máis novos.


Sociedade • 21/09/2010

Axentes da Policía Local controlarán que se cumpran os tempos de estacionamento e sancionarán aos condutores que non coloquen o disco horario ou superen os 90 minutos. Desde a concellaría fan un chamamento "á responsabilidade" dos condutores, recomendando a aqueles que precisen máis tempo de estacionamento que aparquen en zonas como a Avenida Mendiño.


Sociedade • 21/09/2010

O Consello local da formación nacionalista critica a falta de interese da Consellaría polo ensino público e denuncia as carencias dos colexios do municipio:o peche do centro de Trasmañó, a falta de comedor en Quintela e a necesidade dun patio cuberto no CEP Santa Mariña.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1848] [1849] [1850] [1851] [1852]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Venres, 28 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. O venres 28 de 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Venres, 28 de Febreiro de 2020 - 18:00
Espectáculo para nenos
Normalización Lingüística organiza o venres 28 ás 18:00 horas o espectáculo musical Té, café, chocolate a cargo de Golfiños. Unha actividade de balde no Multiúsos da Xunqueira enmarcada no programa Apego.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 29 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 20:00
Relatos negros con Manquiña
o ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura deixanos o sábado 29 áds 20:00 horas a obra Relatos negros de manuel Manquiña. As entradas pódense recoller no Multiúsos 7€ normal (5€ reducida).
Domingo, 22 de Marzo de 2020 - 12:00
Xuntanza dos nados no 1950
Celebrarán un xantar o día 22 de marzo na Casona da Torre. As invitacións pódense retirar no Café da Vila. Contacto 6338080061. O obxectivo é celebrar o 70 aniversario dos nacidos nese ano cunha xornada de convivencia.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia