www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Febreiro de 2020


Cultura • 7/09/2010

O certame abre a súa programación esta tarde cunha concentración na Feira do Gando. Todos os que o desexen poderán facer as súas obras de arte con material de reciclaxe. As esculturas colocaranse despois nas prazas e rúas da vila. Esta será a antesala do concerto, que se celebra o venres a partires das 21.00 horas


Deporte • 7/09/2010

O equipo redondelán comezou a liga na Primeira Autonómica cunha vitoria sobre o Tomiño e agora só pensan no seguinte rival, o Domaio. Acaban de ascender, e no club teñen claro que a meta para este ano é garantir a permanencia na categoría canto antes.


Cultura • 7/09/2010

A Asociación Cultural da parroquia pon en marcha novos cursos de música tradicional no que poden incribirse persoas de todas as idades. As aulas serán impartidas polo mestre Luis Prego.


Sociedade • 6/09/2010

Máis de 6.000 persoas pasaron a noite xa no albergue no que vai de ano, ó que hai que sumar ós milleiros que o fixeron en pavillóns e establecementos hoteleiros. Desde a Casa da Torre explican que as previsións apuntan a que o número de visitantes seguirá a ser moi elevado no que resta de ano nun edificio que os peregrinos bautizaron como o " parador" dos albergues.


Deporte • 6/09/2010

Ademais de en Rexional Preferente, este fin de semana, comezou a competición en Primeira Autonómica que nos deixa o empate do Arcade fronte ao Salvaterra a uns e a vitoria do Chapela por tres a cero ante o Tomiño.

 




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1851] [1852] [1853] [1854] [1855]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Venres, 21 de Febreiro de 2020 - 19:00
Charla escritura expresiva
Marisé Barreiros impartirá o venres 21 ás 19:00 horas na Casa da Cultura unha charla na que explicará as diferenzas entre a escritura expresiva e a creativa achegando exemplos e suxestións para obter o máximo proveito da escritura persoal.
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 17:00
Entroido infantil
Obradoiros de disfraces na Alameda de Castealao dende as 17:00 ás 19:00 horas e inchables na Pista da Xunqueira ata as 20:30.
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 19:00
Música con Paco Nogueiras
Concerto espectáculo Brinca Vai! a cargo do músico e actor Paco Nogueiras. Unha activiades enmarcada no obradoiro infantil que terá lugar o sábado 22 ás 19:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 20:00
Top Manta no Vive o teatro
O ciclo de teatro da Concellería de Cultura achega ao Multiúsos a obra "Top Manta" de Fulano, Mengano e Citano. O sábado 22 ás 20:00 horas. Entrada 7 euros (5€ reducida).
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 12:00
Sesión vermú de Entroido
A Cé Orquestra Pantasma ofrecerá un concerto ás 12:00 horas do domingo 23 na Alameda de Castelao.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 17:00
Desfile de comparsas
Un total de 26 comparsas percorrerán o centro da vila, dende o campo da feira ata Vilavella a partir das 18:00 horas do domingo. Previamente haberá animación musical con Aperta Percusión.
Xoves, 27 de Febreiro de 2020 - 17:00
Taller artístico na Biblioteca
A biblioteca de Soutomaior organiza o xoves 27 un contacontos e a creación dun gran cadro colectivo cunha mensaxe de igualdade. A participación no taller, orientada a maiores de 7 anos, é gratuíta. Inscrición na paxina web municipal.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia