www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019


Institucional • 20/11/2009

A estrada de acceso ao Castelo de Soutomaior é a primeira obra na que a Deputación utiliza un aglomerado en quente tipo M-10 fabricado con betún modificado con caucho que ten un alto valor medio ambiental por reciclar rodas que xa están fora de uso. A obra ascende a 200.000 euros.

 


Institucional • 20/11/2009

Co gallo da próxima celebración do día da non violencia contra as mulleres, a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade organiza en Redondela diferentes actividades que inclúen un obradoiro para menores de 12 anos baixo o título  "Xogando pola igualdade" e a representación teatral da obra "Parella Aberta" para todos os públicos

 


Sucesos • 19/11/2009

Os veciños do número 1 da rúa Pai Crespo permanecían na mañá de hoxe sen subministro de luz, gas e auga. Unha vez rematen as pescudas policiais procederanse a realizar os primeiros arranxos no tellado para protexer o edificio das chuvias que se esperan de cara ás vindeiras horas


Cultura • 19/11/2009

Os relatos "Inexplicable" e "Noite sanguenta" foron os premiados no concurso convocado polas bibliotecas de Redondela. As historias gañadoras emitiranse na Radio Municipal


Cultura • 19/11/2009

Así o puxo de manifesto o Conselleiro de Cultura nas xornada sobre patrimonio monumental que se celebraron onte na Illa de San Simón. Unha xuntanza na que Xaime Rei reivindicou a creación na Illa dun Centro de Estudos da Lírica Galego-Portuguesa en colaboración coas universidades galegas e portuguesas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1868] [1869] [1870] [1871] [1872]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2019 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia