www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Febreiro de 2020


Deporte • 13/04/2010

Boa fin de semana para os equipos locais que gañaron os seus encontros tanto na Preferente Sur como na Primeira e Segunda Autonómica. O Choco volve ser líder da Preferente, o Arcade afástase dos postos de descenso e o Chapela mantén a segunda praza do seu grupo.


Sociedade • 9/04/2010

Mañá sábado ponse en marcha a peregrinaxa a Compostela que organiza o Centro Cultural de Cedeira. Será en catro etapas a realizar os sábados. O primeiro será o tramo entre Tui e Redondela.


Institucional • 9/04/2010

O fiscal pide nove anos de inhabilitación para o alcalde redondelán por prevaricación. Mentres o rexedor admite que o interventor lle advertiu de que existía unha falta administrativa, pero "non un ilícito penal".


Cultura • 8/04/2010

O Multiusoso da Xunqueira acolle esta tarde a proxección das curtametraxes "Stop explotación infantil", de Diego Méndez, e "Mulleres da raia", de Diana Gonçalves. Trátase de dous dos traballos finalistas aos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual que se poderán ver ás 19.00 horas con entrada de balde.


Sociedade • 8/04/2010

Os traballadores denuncian o incumprimento do convenio. O paro deixa o municipio con servizos mínimos. A xornada de folga comezou con incidentes, xa que durante a noite uns encapuchados picaron rodas e romperon retrovisores a varios vehículos.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1921] [1922] [1923] [1924] [1925]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 17:00
Entroido infantil
Obradoiros de disfraces na Alameda de Castealao dende as 17:00 ás 19:00 horas e inchables na Pista da Xunqueira ata as 20:30.
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 19:00
Música con Paco Nogueiras
Concerto espectáculo Brinca Vai! a cargo do músico e actor Paco Nogueiras. Unha activiades enmarcada no obradoiro infantil que terá lugar o sábado 22 ás 19:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 20:00
Top Manta no Vive o teatro
O ciclo de teatro da Concellería de Cultura achega ao Multiúsos a obra "Top Manta" de Fulano, Mengano e Citano. O sábado 22 ás 20:00 horas. Entrada 7 euros (5€ reducida).
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 12:00
Sesión vermú de Entroido
A Cé Orquestra Pantasma ofrecerá un concerto ás 12:00 horas do domingo 23 na Alameda de Castelao.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 12:30
Acto homenaxe a Lois Obelleiro
O voceiro do BNG en Soutomaior, Manu Lourenzo e o deputado Luis Bará participan o domingo 23 ás 12:30h no cemiterio do Salgueirón en Arcade nun acto homenaxe a Lois Obelleiro cando se cumpre o XII cabodano do seu pasamento.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 17:00
Desfile de comparsas
Un total de 26 comparsas percorrerán o centro da vila, dende o campo da feira ata Vilavella a partir das 18:00 horas do domingo. Previamente haberá animación musical con Aperta Percusión.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 19:30
Festival de corais en Chapela
O Círculo cultural de Chapela celebra este domingo 23 un festival de Corais ás 19:30h que contará coa actuación da Coral Polifónica Ventos do Val de Mos, a Coral San Lorenzo de Belesar de Baiona e a Coral Polifónica Frol Nova del C.C.R. de Chapela.
Luns, 24 de Febreiro de 2020 - 17:30
Entroido infantil Soutomaior
O luns 24 en Talo Río das 17:30 ás 19:30 entroido infantil con inchables, obradoiros de máscaras tradicionais galegas, máscaras con elementos naturais e espectáculo musical de animación Cantabaile. Para degustar flocos de millo e algodón doce.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz