www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 28 de Marzo de 2020


Sociedade • 27/05/2010

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, asegura que todas as zonas de baño do municipio atópanse en perfecto estado para o baño. O rexedor responde así á solicitude do grupo do BNG, que recentemente reclamou que se habilitasen as praias ante a chegada da temporada estival.


Sociedade • 27/05/2010

Unha patrulla detivo a un condutor de 58 anos despois de verse implicado nun accidente na Avenida de Vigo. Nun primeiro momento negouse a facer a proba de alcolemia, polo que foi trasladado á comisaría. Alí accedeu a someterse á proba, que deu unha taxa de 1,08 miligramos.


Institucional • 27/05/2010

Nos próximos meses porá en marcha un estudo integral das reivindicacións feitas polos mariñeiros. O presidente do organismo asegurou que serán atendidas durante o período 2010-2014.


Sociedade • 26/05/2010

O derrame de combustible afecta a unha zona próxima a lonxa, e supón un grave prexuízo para o areal e os bancos marisqueiros. O Patrón Maior, Clemente Bastos, insta ás autoridades a abrir unha investigación para depurar responsabilidades.


Cultura • 26/05/2010

Os amantes da música tradicional galega, e todos aqueles que queiran coñecer máis sobre ela teñen unha cita ineludible este sábado na Sociedade de Agricultores do Viso, cun concerto didáctico e un obradoiro de "regueifa". A festa rematará cunha foliada na que están convidados a participar todos os que o desexen.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1922] [1923] [1924] [1925] [1926]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mar 2020 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Próximos Eventos...
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Domingo, 12 de Abril de 2020 - 12:00
Doazón de sangue
Desde o luns 23 todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao ttf gratuíto 900 100 828, xa que se comezara a doar sangue mediante o sistema de CITA PREVIA para facilitar o acceso dos doantes e respectar as medidas de confinamento.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz