www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020


Sociedade • 20/10/2010

Durante a mañá de hoxe e co obxectivo de mellorar a súa intervención nos casos de accidentes de tráfico, Protección Civil ten organizado unha xornada de excarceración de feridos atrapados en vehículos nun accidente. Para isto empréganse catro vehículos que se atopan no antigo mercado de gando na Marisma.


Sociedade • 19/10/2010

A plataforma cidadá contra a autovía organiza os días 22, 23 e 24 de outubro unha marcha a Santiago baixo o lema "pola defensa do territorio e por unha mobilidade sostible". Sairá o venres ás 8:00 dende Vilar para chegar o domingo á capital galega. Os que o desexen poderán sumarse en calquera punto do traxecto


Institucional • 19/10/2010

Os populares aseguran que a parroquia redondelá está completamente esquecida por parte do goberno local algo que se reflexa "no saneamento, o mal estado dos viais e dos espazos públicos, así como tamén nas instalacións deportivas"


Deporte • 19/10/2010

O Arcade e o Moaña, os dous equipos da 1ª Autonómica, están dirixidos polos irmáns Marcos e Jacobo Montes, respectivamente. Mediranse o domingo no campo do Morrazo nun partido "moi especial" no que ademais a maioría dos xogadores son antigos compañeiros.


Sociedade • 19/10/2010

Doenzas de maior ou menor gravidade pero que teñen a súa repercusión non só no enfermo senón en todo o seu entorno.  Precisamente para abordar o tema dende os distintos ámbitos celébrase hoxe ás 19:00 horas no Multiusos unha charla baixo o título "A Saúde mental. Unha visión multidisciplinar".




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1937] [1938] [1939] [1940] [1941]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Domingo, 9 de Agosto de 2020 - 21:30
Tr3s por C4tro
O grupo de música tradicional TresporCatro integrado por Paco da Fonte, Carlos do Viso e Vento ofrecen un concerto de balde na Alameda de Castelao o domingo 9 ás 21:30 horas.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:00
Consulta popular
Participación Cidadá convida aos veciños a participar nunha enquisa para a eleccións dos festivos locais e a peonalización do centro da vila. Na web www.redondela.gal ou entregando unha instancia no rexistro municipal antes do 15 agosto.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús culturais: As Efémeras
Tras as súas primeiras actuacións a través das redes durante o confinamento, As Efémeras chegan tamén a rúa cun concerto o 15 de agosto ás 12:30 horas na praza da Constitución. Unha actuación enmarcada nos Vermús culturais do Concello.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 22:00
Tanto nos ten
Música tradicional galega o sábado 15 de agosto ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 16 de Agosto de 2020 - 21:30
Música cos Carapaus
Música tradicional co grupo Os Carapaus o domingo 16 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
Venres, 21 de Agosto de 2020 - 22:00
Caramushow
Teatro e música no espectáculo de Caramusho Vermello que se poderá ver o venres 21 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús: Pacíficos errantes
A praza de Santiago Apóstolo acolle un concerto moi especial, coa actuación do dúo de ukelele e guitarra, Pacíficos errantes. O sábado 22 ás 12:30 horas enmarcado no programa dos Vermús culturais.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 12:00
Pakolas en Concerto
A música de pakolas soará o domingo 23 de agosto ás 12:00 horas na Alameda de Castelao.
Hoxe na Radio