www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 29 de Febreiro de 2020


Institucional • 18/02/2010

Dende o vindeiro mes e ata xuño o concello ofrece un día a semana de servizo de ludoteca para nenos entre catro e doce anos en doce parroquias redondeláns. Para inscribirse tan só hai que anotarse previamente no centro cultural ou asociación da parroquia.


Institucional • 18/02/2010

A Concellería de Participación Cidadá pon en marcha o seu programa de actividades para o 2010 polas parroquias con cursos que abordarán a saúde, a imaxe e a comunicación así como a reciclaxe, entre outros. O custe dos obradoiros é de vinte euros.


Institucional • 18/02/2010

O Concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, lembra que é a Administración Autonómica o órgano competente para actuar ante vertidos como os que se producían o pasado venres ao carón do porto de Cesantes.


Sociedade • 18/02/2010

A Asociación de Consumo Responsábel Loaira organiza este sábado unha nova edición da Feira de Troco a partir das 11:00 nos soportais da Casa do Concello. O obxectivo é promover un consumo máis responsable e respectuoso co medio ambiente.


Cultura • 18/02/2010

A ilustradora e docente ensinaralle aos mozos a crear un cómic dende a elaboración do guión ata a creación dos debuxos e o seu coloreado. A actividade celebrarase hoxe xoves, día 18, a partir das 18.30 horas na Biblioteca de Chapela.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1946] [1947] [1948] [1949] [1950]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 29 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 20:00
Relatos negros con Manquiña
o ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura deixanos o sábado 29 áds 20:00 horas a obra Relatos negros de manuel Manquiña. As entradas pódense recoller no Multiúsos 7€ normal (5€ reducida).
Domingo, 22 de Marzo de 2020 - 12:00
Xuntanza dos nados no 1950
Celebrarán un xantar o día 22 de marzo na Casona da Torre. As invitacións pódense retirar no Café da Vila. Contacto 633808061. O obxectivo é celebrar o 70 aniversario dos nacidos nese ano cunha xornada de convivencia.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz