www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020


Deporte • 31/05/2010

Os redondeláns gañaron pola mínima en Oleiros, e a eliminatoria decirase o próximo domingo en Santa Mariña. Na Primeira Autonómica o Arcade garantiu a permanencia ó gañar no campo do Juvenil.


Deporte • 31/05/2010

Con estes resultados os de Chapela non conseguen clasificarse para a proba Nacional, que se disputa a próxima fin de semana en Vilaxoán, e na que participarán os tres primeiros de cada categoría na eliminatoria autonómica. Os campións foron Tirán en absoluto masculino, Robaleira en xuvenís e Samertolaméu en absoluto feminino.


Sucesos • 31/05/2010

O neno fora agredido polo can na tarde do 15 de maio. Logo do accidente que lle provocou a morte, o avó do menor sacrificou ao animal propiedade da familiar. A asociación Justicia Animal expresou á familia a súa "sinceira dor" pero decidiu presentar unha denuncia ante o Seprona porque "o seu cometido é protexer os dereitos dos animais".


Institucional • 29/05/2010

Unha reordenación do horario laboral obriga á empresa adxudicataria a incrementar o número de operarios que traballan nas obras do tren de alta velocidade. Esta reordenación prodúcese despois das denuncias presentadas ante a Inspección de Traballo pola CIG a causa do exceso de horas traballadas e as condicións laborais que se están a dar na citada obra.

 


Institucional • 28/05/2010

O concelleiro, Carlos Pazos, rexeita as críticas do PP e lembra que a temporada de limpeza dos areais comeza o 1 de xuño "como cada ano". Pazos explica ademais, que coa chegada do bo tempo os servizos de limpeza estiveron traballando xa nas praias para ofrecer ós usuarios unhas boas condicións.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1984] [1985] [1986] [1987] [1988]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Sábado, 11 de Xullo de 2020 - 22:00
Xingros Big Band
A formación do Conservatorio actuará o sábado 11 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Actuación de balde enmarcada na programación da Concellería de Cultura.
Venres, 17 de Xullo de 2020 - 20:00
Peter Punk na Alameda
O pallaso Peter Punk presenta en Redondela o seu espectáculo Chungo ke te cagas nunha actuación que terá lugar o venres 17 de xullo na Alameda ás 20:00 horas. Actuación orientada ao público familiar con entrada de balde.
Sábado, 18 de Xullo de 2020 - 22:00
Airiños da Peneda
O grupo de música folk Airiños da Peneda actúa o sábado 18 ás 22:00 horas na Alemda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 19 de Xullo de 2020 - 21:30
Airiños do Mar de Teis
O grupo de voces masculinas Airiños do Mar de Teis actúa o domingo 19 na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela ás 21:30 horas. Entrada de balde.
Venres, 24 de Xullo de 2020 - 22:00
Concerto fusión
O grupo Pelepau e a banda de música de Chapela únense para ofrecer un concerto o venres 24 ás 22:00 horas no paseo marítimo de Chapela. Entrada de balde previa reserva no mail concertos2020@redondela.gal
Sábado, 25 de Xullo de 2020 - 22:00
Concerto de Guadi Galego
A cantante e excompoñente de Berrogüeto achega a Redondela o seu espectáculo Immersión. O concerto será o Día de galicia ás 22:00 horas no campo da feira. Entrada de balde previa reserva no mail concertos2020@redondela.gal
Domingo, 26 de Xullo de 2020 - 21:30
Carlos do Viso
O lutier e zanfonista Carlos do Viso ofrecerá un concerto na Alameda de Castelao o domingo 26 de xullo ás 21:30 horas. Organiza o Concello de Redondela.
Sábado, 1 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermú Cultural con Su Garrido
Arrancan os vermús culturais da Concellería de Cultura coa actuación de Su Garrido na praza Alejandro Otero. A actuación terá lugar o sábado 1 de agosto ás 12:30 horas.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz