www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Maio de 2013

Localización


Ver mapa máis grande

Hoxe na Radio
Axenda
Domingo, 19 de Maio de 2013 - 12:00
Gústame o galego!
Campaña de dinamización e sensibilización lingüística aberta á participació nde toda a cidadanía que se vai desenvolver o domingo 19 de maio na praza da Constitución de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 hroas. Organiza Normalización Lingüística
Domingo, 19 de Maio de 2013 - 12:00
Festa do Ovo en Nespereira
A parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén celebra este domingo a IX edición da Festa do Ovo, unha cita. Gastronómica na que se servirán 1.500 racións de diferentes pratos preparados todos eles con ovos da casa.
Domingo, 19 de Maio de 2013 - 12:00
Festival de títeres
O festival bota o pano con La venganza de don Mendo de El espejo negro ás 17:00 e 21:00h no Multiusos. Durante todo o día continuará a programación de rúa con actuacións dende as 12:00 ata as 22:00 horas.
Luns, 20 de Maio de 2013 - 20:30
Presentación literaria
A Casa da Cultura acolle a prsentación do libro "Roberto Vidla Bolaño e os oficios do teatro" de Roberto Pascual, dramaturgo, crítico e profesor. O acto, organizado por Normalización Lingüística, terá lugar o luns 20 ás 20:30 horas.
Martes, 21 de Maio de 2013 - 20:00
Charla MIndfulness
A terapeuta craneosacral Andrea Costas, imparte na biblioteca de Chapela no Multiusos do Piñeiral unha charlaa sobre Mindfulness, técnica que engloba diferentes estratexias para reducción do estrés.
Xoves, 23 de Maio de 2013 - 10:00
Doazón en Arcade
O Centro de transfusión de Galicia despraza a Arcade unha unidade móbil para facilitar aos veciños que fagan as súas doazóns de sangue. O autobús permanecerá o xoves 23 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas na rúa Rogelio Landeira.
Venres, 24 de Maio de 2013 - 10:00
Doazón en Redondela
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase o venres 24 a Redondela. Permanecerá en horario de tarde nas inmediacións da casa Consistorial de 16:00 a 21:00 horas.
Venres, 24 de Maio de 2013 - 20:00
A voz de lenda
O Multiusos da Xunqueira acolle a presentación dun novo número da revista "A voz de lenda" dedicado nesta ocasión a xustiza. Será o venres 24 de Maio ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira con entrada de balde.