www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 8 de Setembro de 2010

A Estación


Magazine diario que chega ós oíntes todos os días de luns a venres en horario de 11:00 horas a 13:00 horas da mañá e que se reemite en horario nocturno, dende as 24:00 as 02:00 horas.

 

Programa de temática variada, con contidos basicamente informativos, está centrado na actualidade de Redondela e a súa contorna máis inmediata (referencias á comarca que engloba tamén os concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos).

Nas súas dúas horas de duración diarias preténdese dar cabida a todos os sectores da sociedade, dende colectivos sociais e veciñais, culturais ou políticos.

 

"10 anos atrás". Lorena Otero é a encargada de mergullarse semanalmente nos xornais e botar unha ollada ás informacións que eran noticia precisamente 10 anos atrás. Lembramos aqueles feitos que hai unha década copaban as páxinas dos xornais centrándonos principalmente nas novas que tiñan como epicentro a nosa comarca. Unha lembranza tamén sonora xa que nos detemos na música que máis se escoitaba no momento nas radios ou pistas de baile.

 

Outro mundo é posible: un espazo no que recollemos noticias que non teñen cabida nos informativos pero que tentamos resaltar dende a emisora local nun espacio que emitimos os luns e os mércores. Referencias a todas aqueles propostas solidarias, iniciativas respectuosas co medio ambiente, alternativas que buscan o desenvolvemento sustentable ben partan de entidades públicas ou privadas.

 

Literatura: Os membros do club de lectura da Biblioteca Municipal Valle Inclán de Redondela e a Axencia de Chapela pasan semanalmente polos micrófonos da radio. Os rapaces e rapazas que forman parte do club recomendan os seus libros preferidos, analizan as últimas lecturas e critican obra orientadas normalmente a un público infantil e xuvenil

Para o público adulto é a responsable da biblioteca, María Elena Becerra, a encargada de deixarnos sempre propostas interesantes para os que queiran achegarse a algunha obra literaria.  

 

Muller: O xénero como tema transversal forma parte tamén dos nosos contidos. Nesta sección a técnica en igualdade, Sandra Alonso Plata é a encargada de achegarnos todas as actividades que poñen en marcha dende o Centro de Información á Muller (CIM) así como abordar cuestións de actualidade que afectan directa ou indirectamente ás mulleres.

 

"Cousas de Hoxe", un achegamento didáctico ademais de divertido ás efemérides máis salientables de cada semana. Deportes, cultura, sociedade, moda, todo ten cabida neste espazo por onde pasaron temas tales como os chupa-chups, o primeiro bebé probeta, a cámara kodak, o día de Yuri ou o día internacional do water.... 

O encargado de sorprendernos semanalmente con todas estas propostas é Manuel Álvarez Moreira. A través da liña telefónica as súas palabras son quen de levarnos ao pasado ou de facernos rememorar citas e feitos xa esquecidos

 

Temas inmobiliarios e financeiros. Durante os últimos anos Rosana Prieto ten sido a nosa asesora incansable, achegándonos respostas, consellos, suxestións e análise en temas económicos. Todas as cuestións que afectan directa ou indirectamente aos nosos petos teñen cabida nesta sección na que se fala da construción ou de cuestións financeiras deixando de lado a macroeconomía e centrándonos nas repercusións das políticas económicas na economía dos oíntes.

Un espacio que ten incrementado o seu interese na actual coxuntura de crise económica. Téñense abordado nesta seccións temas relacionados coa:

Construción: políticas de proteccións do litoral, desenvolvemento do PXOM, vivenda libre e de protección oficial 

Entidades financeiras (cambios nos tipos de xuro, formalización de hipotecas, préstamos persoais)

Medidas políticas: moratoria para a conta vivenda, axudas para a adquisición de vivenda, bolsa de alugueiro.

 

Anacos: Cristina Pazos é a encargada de achegarnos semanalmente unha breve pero interesante sección na que se abordan cuestións relacionadas coa etnografía, cultura e historia galega. Tamas como o Camiño de Santiago e o seu paso por Redondela, a recuperación das vías romanas, a sabedoría popular, a culinaria, tradicións, oficios esquecidos, o fenómeno da emigración galega, o desenvolvemento rural, etc, de todo isto e doutras cuestións de interese tense falado na súa sección "Anacos"

 

Cine: aproveitando o cambio de carteleira, todos os venres facemos un reparos ás novas estreas cinematográficas: sinopse argumental, críticas, referencias a directores e actores e trailers.

 

 

No programa sempre se dedica unha parte importante do mesmo ás noticias locais e comarcais, con cortes de voz dos protagonistas das mencionadas noticias, con referencias tamén a toda a actualidade de Galicia, e a aqueles apuntes máis destacados da crónica estatal e internacional. Dedicamos ademais un espazo específico á actualidade deportiva no que se fai un seguimento sobre todo dos equipos locais (os venres adiantando os partidos do fin de semana e os luns recollendo a crónica do que foron os encontro e os seus resultados). Botamos unha ollada tamén a actualidade do Celta por tratarse dun equipo con moitos afeccionados no ámbito local.

 

Como radio de servizos que é non deixamos de lado outras referencias que interesan como a predicción meteorolóxica e outras seccións de interese, como os números premiados nos sorteos da lotería, ONCE, Primitiva. 

 

Unha parte importante do programa céntrase en dar cabida aos protagonistas da información que de xeito diario se achegan aos micrófonos da Radio Municipal para falarnos das súas preocupacións, iniciativas ou denuncias. Amais das entrevistas de actualidade, inserimos ademais outras seccións como:

Axenda cultural, onde facemos un percorrido diario por todas as convocatorias para o tempo de ocio en Redondela e comarca (concertos, exposicións, cursos, conferencias, teatro, cine...). Un espacio que remata sempre cunha proposta musical e que serve tamén para dar cabida a grupos que non sempre a teñen no panorama radiofónico.

 

Receitas de Cociña: Martes e xoves facemos un pequeno oco no programa para achegarnos aos fogóns. Receitas que os oíntes poden trasladar á súa mesa e que adoitan seleccionar para que estean ao alcance de grandes cociñeiros pero tamén daqueles que comezan e que se achegan por primeira vez á cociña.

 

A Estación inclúe tamén espazos que se realizan gracias á incansable colaboración de Mª Elena Becerra, Sandra Alonso Plata, Manuel Alvarez Moreira, Rosana Prieto ou Cristina Pazos. Eles son os encargados de preparar e dirixir as diversas sección que non acompañan ao longo da semana e que abordan temas de diferente índole:

 

O programa é conducido por Mª Jesús Queimaliños Casás, quen se encarga de conducir as dúas horas de emisión en directo, elabora a información local e se responsabiliza da procura e realización de entrevistas a distintos personaxes da actualidade.

Lorena Otero ademais de ser responsable da información xeral e a encargada de conducir diversas seccións que van dende o espacio "10 anos atrás", "Outro mundo posible", "voces de actualidade" ata as receitas de cociña ou a nova curiosa coa que pechamos o programa.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Audios deste programa

A estación

A estación 07/09

07/09/2010

A estación 06-09

06-09-2010

A estación 03/09

03/09/2010

A estación 02/09

02/09/2010

A estación 01/09

01/09/2010

A estación 31-08

31/08/2010

A estación 30/08

30/08/2010

A estación 27/08

27/08/2010

A estación 26/08

26/08/2010

A estación 25/08

25/08/2010

A estación 24/08

24/08/2010

A estación 23/08

23/08/2010

A estación 20/08

20/08/2010

A estación 19/08

19/08/2010

A estación 17/08

17/08/2010

Alimentación e saúde

Alimentación e saúde 07/09

07/09/2010

Alimentación e saúde 31/08

Compensar os excesos do verán

Alimentación e saúde 24/08

Tipos de ensaladas e beneficios

Alimentación e saúde 17/08

Zumes e batidos

Alimentación e saúde 10/08

Froitas de verán

Alimentación e saúde 3/08

Os xeados

Alimentación e saúde 27/07

Rosana Alonso alerta dos perigos das dietas milagre

Alimentación e saúde 20/07

Liñas básicas nunha alimentación saudable

Alimentación e saúde 13/07

A importancia de inxerir líquidos e hidratarnos convinttemente

Alimentación e saúde 6/07

A asesora dietética Rosana Alonso senta as bases do que é unha alimentaión saudable

Anacos

Anacos 03/09

03/09/2010

Anacos 27/08

Crisina Pazos fálanos das pitas

Anacos 20/08

A conservación do peixe

Anacos 13/08

O choco é o produtto gastronómico do que nos fala Cristina Pazos

Anacos 6/08

Culinaria e literatura

Anacos

A empanada II

Anacos

As tabernas lugares de encontro e socialización

Anacos

A empanada é hoxe a protagonista

Anacos 9/07

Usos culinarios dos nosos devanceiros

Anacos

As sardiñas son o produto gastronómico elixido hoxe por Cristina Pazos

Anacos

Cristina Pazos do San Xoán

Anacos

O aceite un produto mediterráneo pero tamén da nosa terra

Anacos

Cristina Pazos fala hoxe da fabas

Anacos

O pan e os fornos son os argumentos que nos debulla Cristina Pazos

Anacos

Cristina Pazos fálanos dos cereais

Cousas de hoxe

Cousas de hoxe 28/07

Ate sempre así se despedía dos seus lectores esta fin de semana o portal Vieiros

Cousas de hoxe 21/07

Peter Sellers un referente na comedia que nos deixaba prematuramente hai xa 30 anos

Cousas de hoxe 14/07

Nunha semana marcada polo fútbol Manuel Alvarez Moreira lembra o mundial do 1950 cando contra todo prognóstico no Maracaná vencía Uruguay ao equipo local

Cousas de hoxe 7/07

Hoxe cúmprense 80 anos do faleemento de Conan Doyle. Cóntanolo Manuel Alvarez Moreira

Cousas de hoxe 30/06

Medio século de independencia no Congo

Cousas de hoxe 23/06

Manuel Alvarez lembra o desmantelamento do Checkpoint Charlie o 22 de xuño de 1990

Cousas de hoxe 16/06

Psicosis celebra as sáus vodas de ouro. Cóntanolo Manuel Alvarez Moreira

Cousas de hoxe 9/06

O Loving day unha curiosa conmemoración da que nos fala Manuel Alvarez Moreira

Cousas de hoxe 2/06

O Corpus é hoxe o protagonisa da sección que conduce Manuel Alvarez Moreira

Cousas de hoxe 19/05

Lembramos a primeira fotografía tomada polo Hubble

Cousas de hoxe 12/05

Manuel Alvarez Moreira lembra os inicios da Fórmula 1 hai 60 anos

Cousas de hoxe 5/05

Manuel Alvarez Moreira lembra que hai 170 editábase o primerio selo postal

Cousas de hoxe 28/04

Youtube entrou nas nosas vidas hai tan só un lustro

Cousas de hoxe 14/04

Cúmprense 10 anos da primeira emisión de Gran Hermano e manuel Alvarez Moreira aproveita a efeméride para lembrar grandes momentos do popular programa

Cousas de hoxe 31/03

Manuel Alvarez adiántase á celebración do April fools\ day

Economía e finanzas

Economía e finanzas 02/09

02/09/2010

Economía e finanzas 15/07

Rosana Prieto analiza a proposta das entidades para prexubilar a 1200 empregados

Economía e finanzas 8/07

Rósana prieto fálanos do xeito de medir a calidade da débeda e das entidades financeiras

Economía e finanzas 24/06

Rosana Prieto fálanos de como xestionar unha herdenza nunha parella de feito

Economía e finanzas 17/06

A fusión das caixas

Economía e finanzas 10/06

Bancos como inmobiliarias? esa é a pregunta á que responde Rosana Prieto

Economía e finanzas 13/05

Rosana Prieto analiza a fusión das Caixas

Economía e finanzas

Rosana Prieto fálanos de como enfrontarnos aos embargos

Economía e finanzas

Rosana Prieto explica que é Standard & Poor\s

Economía e finanzas 25/03

As úlimas novidades en torno ao futuro mapa financeiro galego son analizadas por Rosana Prieto

Economía e finanzas 18/03

Rosana Prieto analiza a moderada caída no prezo da vivenda

Economía e finanzas 11/03

Rosana Prieto atende unha consulta sobre unha renegociación dunha hipoteca

Economía e finanzas

Hipotecas e xuros

Economía e finanzas 18/02

Rosana Prieto aclara a situación na que se atopa a bolsa de alugueiro

Literatura

Club de Lectura

02/09/2010

Club de lectura 22/07

Mª José Villar fálanos de novelas ambientadas en Santiago: Carlos Reigosa Suso de Toro e Marcos Calveiro son os escritores elixidos

Club de lectura

Miasma de Elisabeth Sanxai La segunda vida de Bree Tanner de Sephenie Meyer ou o clásico de Harper Lee Matar a un ruiseñor son as propostas que nos deixa Elena Becerra

Club de lectura

Los fanátios Princesas e El homre inquieo son os tres títulos que nos recomenda Mª Elena Becerra

Club de lectura

Javier Ruescas \"Tempus fugit\" e o ensaio \"En defensa de los ociosos\" centran a proposta de hoxe de Mª Elena Becerra

Club de lectura

O Cine Xacobeo ou o Comic Eric Castel son algunhas das recomendacións de Elena Becerra

Club de Lectura

25/05/2010

Club de lectura

Las Huellas de la Vida de Tracy Chevalier é a obra recomendada por Mª Elena Becerra

Club de lectura

Mª José Villar é a responsable da biblioteca de Chapela

Club de lectura

\"La señora de los libros\" \"la apuesta\" e a versión en comic de Farenheit 451 son as proposas de Elena Becerra

Club de lectura

Elena Becerrra achega á radio proposttas literarias con moitas referencias audiovisuais

Club de lectura

A alimentación cobra protagonismo hoxe na sección literaria que presenta Mª Elena Becerra coa proposta \"Monstruos supersanos\"

Club de lectura

Asasinatos e investigacións nos títulos Los relatos del Padre Brown e Una cuestión de fe

Club de lectura

Los amantes de John Connolly é unha das intrigantes propostas de Mª Elena BBecerra

Club de lectura

Un comic sobre Holmes e novidades editoriais en torno ao baile galego centran a sección de Mª Elena Becerra

O fol da lingua

O fol da lingua

06.09.10

O fol da lingua

No noso percorrido polas parroquias hoxe chegamos a Trasmañó

O fol da lingua

Eva García Rei lévanos ata Vilar

O fol da lingua

Eva García Rei lévanos ata Negros

O fol da lingua

Eva García Rei convídanos a dar un paseo por Quintela

O fol da lingua 21/06

Eva García Rei paséanos pola historia de Saxamonde

O fol da lingua

Eva Garcái Rei convídanos a coñecer Cabeiro

O fol da lingua

Eva García Rei visita hoxe a parroquia de Chapela

O fol da lingua

Eva García Rei fai un percorrido pola parroquia de San Martiño de Vetosela

O fol da lingua

24/05/2010

O fol da lingua

Eva García Rei fainos unha semblanza do escritor Uxío Novoneyra

O fol da lingua

Cesantes II

O fol da lingua

Eva García fálanos da historia de Cesantes

O fol da lingua

Reboreda é a protagonista na sección de hoxe

O fol da lingua

Eva García inicia un percorrido polas parroquias que a leva ata Cedeira

Tal como eramos