| www.radioredondela.com | Hoxe é Mércores, 8 de Setembro de 2010 |
| Cancións para xordos |
No mes de setembro do 2008 comezaba a súa andaina "Cancións para Xordos". Un programa musical que a Radio Municipal de Redondela decidía introducir na súa programación de nova temporada. Media hora de música precisamente para aqueles que xa non lles queda máis remedio que facerse os xordos, fartos dos convecionalismos, das cancións mil veces escoitadas e emitidas. Trinta minutos nos que poderedes atopar todo o referente a novas tendencias musicais no eido independente. Desde os grupos que están emerxendo na escena española a aqueles que se atopan a máis de dez mil quilómetros de distancia. Incidindo nese afán por descubrir e indagar no panorama indie, cada luns presentamos o noso "Disco da Semana". Un traballo que remata ou está a piques de saír a venda e que consideramos que pola súa calidade debe ser coñecido máis polo miúdo. Así dende o luns e ata o venres imos escoitando cada un dos temas que compoñen o disco elixido, cada día unha peza, o que lles permite aos nosos seguidores máis fieis ter un coñecemento máis profundo desa banda e do seu traballo Desde o rock o pop, pasando polo funk o punk, o folk ou a new wave teñen cabida en Cancións para Xordos, que ademais todos os venres, conta coa colaboración do Deseñador Rudu, que cada semana nos achega súa escolla musical. Unha selección de media hora de música, na que sempre nos descubre novos traballos.
Horario: Luns, Mércores e Venres 13.00 -13.30 Remisión 17.10 - 17.40
|
| Hoxe na Radio |
| 00:00 - A Estación |
| 08:30 - Os Titulares do día |
| 09:00 - Arredor de Nos |
| 11:00 - A Estación |
| 13:00 - Cancións para xordos |
| 13:30 - Cerna |
| 14:00 - Informativo |
| 15:00 - Informativo |
| 17:00 - Informativo |
| 17:15 - Cancións para xordos |
| 18:00 - O Viraventos |
| 20:00 - Informativo Galicia |
| Audios deste programa |
Cancións para Xordos
06-09-2010 Cancións para Xordos
03/09/2010 Cancións para Xordos
30-07-10 Cancións para Xordos
28-07-2010 Cancións para Xordos
26-07-2010 Cancións para Xordos
23-07-10 Cancións para Xordos
21-07-2010 Cancións para Xordos
19-07-2010 Cancións para Xordos
16-07-2010 Cancións para Xordos
14-07-2010 Cancións para Xordos
12-07-2010 Cancións para Xordos
09-07-2010 Cancións para Xordos
07-07-2010 Cancións para Xordos
05-07-2010 Cancións para Xordos
02-07-2010 |