www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Xullo de 2017

Publicidade
Hoxe na Radio
Axenda
Luns, 24 de Xullo de 2017 - 12:00
Escola de vela
O Centro recreativo de Redondela organiza do 26 de xullo ao 1 de agosto unha escola de vela na Illa de San Simón e na enseada. A actividade, orientadas a maiores de 9 anos, ten xa aberto o seu prazo de inscrición ata luns 24. Información no 986 400256.
Luns, 24 de Xullo de 2017 - 23:00
María do Ceo
A Alameda de Talo Río en Arcade acolle o luns 24 de xullo ás 23:00 horas un concerto a cargo da fadista María do Ceo. De Portugal a Galicia é a proposta que nos trae esta cantante nun acto que organiza o Concello de Soutomaior.
Mércores, 26 de Xullo de 2017 - 09:30
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o mércores 26 en horario de mañá de 9:30 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Xoves, 27 de Xullo de 2017 - 09:30
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue dianea do Concello o xoves 27 en horario de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.