Un vertido rexistrado nas augas do Verdugo causa a morte de centos de troitas e obriga ao goberno local a decretar o peche das praias da localidade. O concelleiro de medio ambiente de Soutomaior anuncia que a prohibición continuará en todos os areais do concello
A orixe do vertido, unha sustancia de cor branco segundo a información do 112, podería estar na estación depuradora de Ponte Caldelas.
O vertido producíase na tarde do domingo. Varios veciños alertaron ao servizo de emerxencias logo de detectar a presenza de numerosos peixes mortos na canle do río. Aínda que nun primeiro momento a mancha localizouse á altura da EDAR Estación Depuradora de Augas residuais de Ponte Caldelas) ao longo da tarde o mesmo servicio de emerxencias avisaba dunha mancha branca de 20 metros de lonxitude no mesmo río pero no lugar de Comboa.
As primeiras investigacións realizadas polo Seprona apuntan a que se trataría dun vertido procedente da rede de sumidoiro de Ponte Caldelas
A Consellería de Medio Ambiente anunciou que incoará un expediente sancionador ao responsable do vertido, que segundo os técnicos se debe á depuradora.
Ante a posible toxicidade da mancha tanto o concello de Soutomaior como o de Pontevedra desaconsellaron o baño nas praias de Arcade e na praia fluvial de Pontesampaio como acto de “precaución e prudencia”.
O goberno local de Soutomaior reuniuse no mañá de hoxe en gabinete de crise e segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Ramón Fernández, polo de agora manterase a prohibición do baño tanto nos areais de Arcade como nas praias fluviais de Soutomaior.