Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un euro solidario por Jessica

RR_Noticias

Unha campaña solidaria anima a colaborar para poder financiar unha operación con células nai que permitiría a Jessica, unha nena de 17 anos que sufre parálise cerebral, volver camiñar.  O seu pai, o fotógrafo e veciño de Chapela Eugenio Álvarez, confía en que a intervención se realice o vindeiro 8 de decembro.

Eugenio Alvarez, pai dunha nena de 17 anos de sufre de parálise cerebral ten en marcha esta campaña para recadar fondos e poder así realizar unha operación con células nai en Alemania que permitirá a Jessica camiñar. Este tipo de intervencións con células nai só se realiza en Estados Unidos ou en Alemania e segundo os médicos, que xa estudaron o expediente de Jessica “permitiría a esta nena camiñar e incluso falar”. A operación está programa para o vindeiro 8 de decembro e o único problema son os cartos, xa que o custe ascende a 25.500 euros. Animado por amigos e coñecidos, Eugenio Álvarez, un coñecido fotógrafo especializado en foto deportiva, xa que durante anos foi o fotógrafo oficial do Celta, decidiu por en marcha esta campaña baixo o lema “un euro solidario, axúdalle a camiñar”. Tamén abriron unha conta solidaria en Caixanova en Chapela (2080 0030 93 0000143840) na que todo o que o desexe pode facer a súa aportación solidaria. Unha causa a que se ten sumado tamén Susana Seivane, Alberto Comesaña ou Alberto Cunha que serán algúns dos artistas que participen no concerto solidario que está previsto para o 6 de novembro.

Eugenio Alvarez
A operación permitirá a Jessica camiñar
Un concerto solidario
Varios artistas e cantantes colaboran tamén esta causa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará