Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades para enriquecer corpo e mente no Centro Recreativo de Redondela

RR_Noticias

Restauración de mobles, elaboración de marmeladas e licores ou un obradoiro de afrontamento da ansiedades son algunhas das novidades que inclúe a oferta de cursos do Centro Recreativo Cultural de Redondela. En total 16 actividades abertas a grandes e pequenos que perseguen cubrir diferentes facetas da vida.  

O Centro Recreativo e Cultural de Redondela ten aberto xa o prazo de inscrición para as diferentes actividades que ofertan neste curso e que comezarán a impartirse na primeira semana de outubro. A obradoiros xa clásicos como o de ximnasia de mantemento, aerobic, debuxo e pintura ou sevillanas, este ano engádense novas propostas como o curso de técnicas de estudo orientado a rapaces maiores de doce anos ou o obradoiro de afrontamento da ansiedade na vida cotiá, impartido por unha psicóloga que orientará aos usuarios para poder superar os altibaixos que todos temos na vida diaria. Tamén como novidade, e para completar o curso de cociña atopamos un curso de marmeladas e licores e, aos xa habituais cursos de labores e bolillos, podemos engadir o de restauración de mobeis, que nos permitirá recuperar calquera moble antigo que teñamos por casa. Todos os que desexen anotarse poden facelo na secretaría do centro en horario de tarde, dende as catro e ata as 21:30. tamén poden obter máis información chamando ao número 986 40 02 56. Actuación de Isi No mesmo lugar poden retirar as entradas para a actuación do cómico e presentador da TVG, ISI quen actuará no centro o día 3 de outubro ás 23:00 horas. O prezo das entradas con consumición é de 5 euros para os socios mentres que o público en xeral deberá abonar 13 euros.

Margot Araujo directora do Centro
Unha psicóloga será a encargada de impartir o curso de afrontamento da ansiedade
Restauración de mobles
O curso permitirá aos usurios recuperar mobles antigos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará