A Concellería de Normalización porá a disposición dos veciños un autobús para achegarse á protesta convocada pola plataforma Queremos galego a pesar das críticas da oposición, quen acusan ao concello de financiar e promover actividades contra a Xunta de Galicia con cartos públicos
A Concellería de Normalización Lingüística de Redondela financiará un autobús para trasladarse o domingo día 18 de outubro á manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego en Santiago de Compostela en defensa do idioma. Este departamento, en mans do BNG, non será a primeira vez que flete un autobús para acudir a unha mobilización a prol da lingua, unha iniciativa que foi duramente criticada dende as filas populares quen acusan aos nacionalistas e ao concello de “financiar con cartos públicos actividades políticas de asociacións privadas”. Acusan ao goberno local de actuar de xeito desleal co Xunta ao “promover protestas contra o actual goberno galego”. O voceiro do BNG, Carlos Pazos, lonxe de rectificar adiantou que a Concellería de Normalización continuará promovendo a defendendo todas aquelas accións encamiñadas a defender o idioma “o maior patrimonio do país” e acusou aos populares de “estar intentando eliminar o galego, algo polo que debería caerlles a cara de vergonza”