Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Concellería de Participación Cidadá desbota a apertura dunha nova liña de axudas

RR_Noticias

A subvención solicitada pola Plataforma en Defensa de San Simón foille denegada porque “os estatutos do colectivo non xustifican que poida ser considera unha asociación veciñal” segundo explicou a edil Anxeles Babarro.

 A Concellería de Participación Cidadá afirma que os limitados recursos económicos dos que dispón o departamento que preside impide a convocatoria de novas axudas máis alá das que se conceden a día de hoxe “orientadas exclusivamente a asociación veciñais do concello de Redondela”. A edil explicou que a concesión destas subvencións están reguladas por unha bases “que se seguen escrupulosamente” e que teñen como obxectivo que os colectivos veciñais poidan adquirir equipamentos e realizar actividades”. Respecto á decisión de denegar a axuda que tiña solicitado a Plataforma en Defensa da enseada de San Simón, explicou que os estatutos de dito colectivo non xustifican “que poida ser considerada unha asociación veciñal” o que, coas bases na man, lles fai imposible conceder a axuda solicitada. En primeiro lugar porque o seu ámbito de actuación é toda a provincia de Pontevedra, aínda que teñan o seu domicilio social en Redondela e en segundo lugar, porque o sustento social da Plataforma non é a poboación ou os habitantes dunha determinada parroquia do Concello, elemento básico das asociacións veciñais.  

Anxeles Babarro
A edil desbota a apertura de novas subvencións dende a Concellería de participación Cidadá
Denegación de axudas
O motivo de non concerderlle a subvención á Plataforma foir porque non se poden considerar unha asociación veciñal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará