A publicación, que se presenta o venres ás 20:00 horas na Casa da Torre, recolle artigos sobre o patrimonio, a arquitectura ou as tradicións, con referencias aos miliarios, cruceiros e petos de ánimas, os galeóns de Rande e un proxecto arquitectónico de Palacios en Chapela
A asoicación cultural Seren presenta mañá na Casa da Torre o número 5 do seu boletín anual. O acto contará coa presenza dun histórico galeguista Avelino Pousa Antelo, mestre, agrarista, político e escritor que mantén estas facetas en activo a pesares de contar xa con 96 anos e quen foi o encargado de prologar a publicación que se presentará mañá. Un boletín a través dO cal os membros do Seren queren afondar na microhistoria local como un xeito de contribuír á historia en xeral e sobre todo, de difundir aspectos da nosa historia e a nosa cultura descoñecidos por moitos de nós. Así os articulistas que colaboran neste número percorrer aspectos da tradicións, a arte e mesmo da arquitectura de Redondela. Atoparemos nas súas páxinas a derradeira parte dun estudo que xa se iniciara en números anteriores sobre cruces e petos de ánimas do concello. Tamén artigos sobre os miliarios romanos, a Igrexia de Santiago ou a Alameda redondelá. Recóllese ademais unha investigación sobre un proxecto que quedou no esquecemento do arquitecto Antonio Palacios para o Santuario de San Fausto en Chapela e outro dos ártigos aborda un tema de absoluta actualidade como son os espolios subacuáticos de barcos afundidos, centrado nas naves afundidas no estreito de Rande.