Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Blanco comprométese cos veciños de O Viso a estudar o trazado da A-59

RR_Noticias

O Ministro de fomento, que se reuniu coa presidenta da asociación de O Regueiro, comprometeuse a estudar as peticións dos veciños e analizar a documentación para intentar que o impacto sexa o mínimo na parroquia. Blanco aseguroulles que “non hai nada definitivo” sobre a conexión da A-57 con Vigo  

A presidenta do colectivo, Mª José Acevedo, asegura que as palabras do ministro José Blanco lles das novas forzas para seguir reivindicando que se atendan as súas peticións que pasan porque o trazado da A-59, a futura coñexión da A-57 co Aeroporto de Vigo, teñan as menores repercusións posibles en Redondela e, en concreto, na parroquia de o Viso. O responsable de Fomento aseguroulles que o obxectivo do Ministerio é conectar Vigo coa A-57 pero que “non hai nada definitivo” e que en todo caso “ningún trazado é inamovible”. A Asociación veciñal comprometeuse a enviar a través do Subdelegado de Goberno a información de que dispoñen ao ministerio de Fomento. Nesa documentación recollen as afeccións que sufriría a parroquia no caso de que finalmente se realice o trazado que defenden tanto dende o goberno local de Redondela como o propio Ministerio. Un trazado que segundo explica Acevedo traduciríase na desaparición de unha ducia de vivendas e prexuízos aos mananciais e ao medio ambiente que non aparecen recollidos nos proxectos. José Blanco comprometeuse pola súa banda a analizar a documentación e contestar ás reivindicacións dos afectados. A reunión producíase de xeito inesperado durante o transcurso dunha visita que Blanco realizaba o pasado sábado ao Centro Social Caixanova. Acevedo destacaba “a calidade humana de José Blanco quen non tivo problema en recibirnos cando moitos dos seus compañeiros do partido socialista en Galicia non tiveron nin 5 minutos para nos ao longo deste dous últimos anos”.

Mª José Acevedo
Blanco comprometeuse a analizar a información e responder ás reivindicacións veciñais
Ningún trazado decidido
O ministro aseguroulles que non hai ningún trazado definitivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará