Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alcalde asume as competencias do pleno na tramitación da piscina de Chapela

RR_Noticias

A corporación municipal acordou onte, cos votos en contra do PP, delegar en Xaime Rei as competencias que permitirán axilizar o proceso de construcción do centro de deportes acuáticos de Chapela.

A moción foi presentada polo goberno local na sesión plenaria celebrada onte. O partido socialista reclamaba do resto dos membros da corporación que, logo de que a empresa Arealonga Arquitectura presentara xa o proxecto para a construcción do centro deportivo de Chapela por valor de 3’2 millóns de euros, se axilizaran o resto dos trámites delegando no alcalde as competencias que actualmente corresponden ao pleno do Concello. Argumentaron os socialistas que con esta medida se axilizarían todos os trámites, como a adxudicación definitiva das obras, facilitando así que o centro estea rematado dentro do prazo que establece o Fondo Local de Emprego, isto é, neste 2010. O voceiro do PSOE, Emilio González Iglesias animaba aos populares a apoiar a moción comprometéndose a informar nas comisións correspondentes de calquera novidade que se producira no proceso. Unha proposta que non convencía aos populares quen rexeitaban a moción por entender que o procedemento “non é adecuado nin elegante”. Engadían que dada a relevancia da obra non debería haber problemas en convocar as sesión plenarias que foran necesarias para avanzar na construcción da piscina. Criticaron tamén que o proxecto presentado contemple “dar emprego só a 20 traballadores”. A este respecto González Iglesias asegurou que no proceso de adxudicación un dos puntos que máis se terán en contra será o número de empregados que se xeren, sobre todo si a contratación favorece a parados de longa duración. Finalmente a moción, que foi declarada de urxencia, foi aprobada cos votos a favor de PSOE, BNG e Partido Galeguista.

Emilio González iglesias PSOE
Os socialistas defenderon a medida para "axilizar trámites"
Paqui Canal PP
Os populares entenden que o proceso non é "elegante nin adecuado"
Parados de longa duración
Unha das cuestión que se terán en conta á hora de adxudicar as obras será o número de empregados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará