Os colexios públicos do municipio acceden a estes cartos a cambio de facerse cargo do mentemento e as reparación ordinarias dos centros
Un total de nove centros escolares de ensino primario do municipio repartiránse 80.000 euros en virtude dun convenio de autoxestión asinado co Concello de Redondela polo que se farán cargo do mantemento ordinario dos colexios.
Os convenios foron asinados polos CEIP Laredo, Alexandre Bóveda e Igrexa, os tres de Chapela; Porto Cabeiro, Outeiro de Penas, Quintela, Santo Paio de Abaixo, Cedeira e Trasmañó.
A través destes convenios os consellos escolares dos diferentes centros comprométense a atender o mantemento e as reparacións ordinarias de xardinería, carpintería, pintura, fontanería, soldadura, albanelería, substitución de elementos eléctricos e arranxo de malfucionamentos lumínicos, baleirado de fosas e limpeza de canalizacións e, en xeral, todos aqueles traballos que non precisen proxecto técnico.