Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha exposición percorre a vida e obra das “Mulleres galegas na historia”

RR_Noticias

A concellería de Servizos Sociais e igualdade organiza esta mostra itinerante que poderá visitarse ata o 11 de xuño no Multiusos e na que se visibiliza a vida e obra de 19 mulleres. Mañá xoves unha charla a cargo de Diego Pardo Amado afondará na figura de Rosalía de Castro

O Multiusos da Xunqueira acolle dende hoxe e ata o vindeiro 11 de xuño a exposición “Mulleres galegas na historia”. Unha mostra que revisa a figura de 19 mulleres destacadas polos seus feitos e vidas dende a Idade Media ata a actualidade. María Miramonte, María Soliña ou a Bella Otero son algunhas das protagonistas desta exposición onde se presta atención especial á figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu pasamento. Por outra banda, mañá xoves a Casa da Cultura acolle a charla “Rosalía de Castro: unha escritora revolucionaria”. O profesor de Literatura e Lingua galega da Universidade da Coruña, Diego pardo Amado será o encargado de facer un percorrido en torno á figura da escritora destacando a súa faceta como muller feminista. A todas as persoas asistentes á Conferencia entregaráselles un pequeno agasallo conmemorando da figura de Rosalía.

Ana García Barrio técnica en Igualdade
A exposición será itinerante
Charla de Diego Pardo
A conferencia leva por título Rosalía de Castro: unha escritora revolucionaria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará