Os feitos tiveron lugar en febreiro do pasado ano á saída da discoteca Arroba. Supostamente a moza resultou ferida cando tentaba mediar nunha liorta entre o acusado e o seu compañeiro sentimental
Un mozo de Redondela, Juan Santiago D.A. enfróntase a unha condena de oito meses de cárcere polos danos causados a unha moza no transcurso dunha liorta que tivo lugar en febreiro do 2009 nas inmediacións da discoteca Arroba.
O xuizo celebrouse onte no xulgado do Penal número 1 de Vigo, No transcurso da vista, tanto acusado como vítima coincidiron ao explicar que os feitos producíronse cando ao saír do local de copas Juan Santiago colleu no colo a unha das mozas do grupo e esta acabou caendo ao chan o que provocou que se iniciase unha liorta. No transcurso da pelexa interveu tamén o compañeiro da vitima e finalmente ela quen tentou separalos. Con todo, segundo explicou a propia moza, foi nese momento cando o acusado a lazou polo aire, provocando que caira no asfalto e se golpease a boca contra o chan, rompéndose catro dentes e causándose outras lesións na cara e nos beizos.
A defensa pide a absolución mentres que a acusación particular eleva a súa petición a un ano e medio de cárcere. Tamén pide que se indemnice a moza con case 4.000 euros ademais de abonar o custe de reconstrucción dos dentes