Un total de dez grupos de diferentes estilos subiranse ao escenario no anexo do Campo do Choco nas noites de venres e sábado a aprtir das 21:00 horas. O teatro de rúa, os obradoiros, xogos populares e as competicións deportivas completan un amplo programa de actividades
A IV edición do festival alternativo Millo Verde supón un salto cualitativo respecto de edicións anteriores xa que contará coa presenza de grupos de ámbito internacional. Así, aos vigueses Minim ou Arritmic ou os madrileños Beatmac e Laimposible, súmanselle nomes como Funky Style Brass, chegados dende Francia ou os grupos procedentes de Amsterdan Zibabu e Caspain Hat Dance. O encargado de abrir o festival na noite do venres serán os gañadores do concurso de maquetas, o grupo de Bueu “Skakeo”. En previsión do mal tempo haberá unha carpa cubrindo a zona do concerto onde o sábado actuarán os grupos Minim, Pan de Capazo, Caspain Hat Dance, Laimposible e Arritmic. Dúas xornadas de música onde haberá oco para todos os estilos dende o rock pasando polo folk ata chegar ao rap ou a electrónica industrial. Ademais para esta edición hai preparado un completo programa de actividades de día destinadas a todos os públicos e idades que se desenvolverán, sempre e cand o otempo o permita, na Alameda de Redondela As actividades arrancará ás catro da tarde cun rocódromo e unha sesión de Jam Graffiti. Haberá ademais obradoiros de elaboración de malabares, xoguetes e xogos populares con Xoeira así como teatro de rúa ambos os dous días ás 20:00 horas. Este ano tamén toman protagonismo as citas deportivas cun torneo de baloncesto no que hai anotados xa 15 equipos