Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O relato “Vodka, on the rocks” gañador do certame literario Os Viadutos

RR_Noticias

A coruñesa Silvia Álvarez faise así co primeiro premio do certame dotado con 1.200 euros. o segundo clasificado foi o cangués Darío Portela co seu relato “Os cans”.

A coruñesa Silvia Álvarez Baamonde, de 21 anos, coa súa obra “Vodka, on The rocks”, foi a gañadora da decimo primeira edición do Certame Literario Os Viaductos organizado pola concellería de Xuventude.
No certame, que está dotado con dous premios de 1.200€ e 600€ e a publicación das obras, acadou o segundo premio o veciño de Darbo-Cangas, Darío Portela Núñez, de 31 anos, co seu relato “Os cans”.
Ao concurso presentáronse un total de 56 obras, algunhas procedentes de diversos países europeos.
A organización do certame acordou ademais a concesión de dous accésits para as obras “Pingas da vida”, de Helia Mariño Méndez, e “A fin do mundo”, de Paula Rodríguez Fraga, que serán publicadas xunto coas gañadoras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará