A policía acusa a estes implicados de maltrato animal, delicto castigado con penas de cárcere no caso de que se lles aplique o artigo 337 do Código Penal. Ao entender da asociación Equanimal este tipo de actividade é minoritaria na península pero fai un chamamento aos cidadáns para que estean alerta e denuncien se sospeitan de que se están a celebrar pelexas de galos
Os organizadores da pelexa de galos que o pasado sábado foi desmantelada en Saxamonde tiña relación coa Peña Galística Ferrolana, un colectivo que xa fora denunciado no ano 2008 por organizar este tipo de actividade ilegal. Tres das persoas involucradas no combate que se estaba a desenvolver na parroquia de Redondela: o propietario do inmoble no que se estaba a realizar o espectáculo, o propietario dun dos galo e outra terceira persoas que estaba en posesión de útiles que se empregan na pelexa, enfróntanse a penas de prisión logo de que foran acusados dun delicto de maltrato animal tipificado no artigo 337 do Código Penal e que está sancionado con penas de prisión de entre tres meses e un ano de inhabilitación especial para o exercicio da profesión no caso de que esta teña relación cos animais. Con todo, e sen restar importancia á necesidade de que se apliquen e se cumpran as penas, dende asociacións como Equanimal destacan sobre todo a colaboración cidadá que permite que feitos como estes sexan denunciados. Lembramos que foi unha chamada anónima quen alertou á Policía de que se estaba a desenvolver o combate en Saxamonde. Animan a que cada vez sexan máis os que estean alerta e denuncien nos organismos competentes no caso de que sospeiten de que se están a celebrar este tipo de actividades que se basean no maltrato aos animais. Critican dende a asociación a “arbitrariedade” das leis contra o maltrato animal, xa que mentres na península se permiten as corridas de touros e se prohiben os combates de galos nas Illas Canarias a normativa é a inversa o que demostra que os criterios existentes detrás da lei non buscan a protección do animal.