Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Lei de augas gravará o consumo procedente de traídas e pozos

RR_Noticias

O BNG asegura que a nova normativa que prepara o PP aplicará unha taxa ao consumo procedente de captacións propias e critican á Xunta por pretender cobrarlles aos veciños polas súas traídas e pozos particulares. Hoxe inician na Casa do Val Sobral en Soutomaior unha campaña de charlas informativas  sobre a nova lei.

O BNG de Soutomaior comeza hoxe xoves, 8 de xullo, ás 22h00 na Casa do Val Sobral, unha rolda de charlas informativas sobre o proxecto da Lei de Augas que está a preparar o PP. O portavoz municipal, Fernando Herrero, e os edís do BNG, Paco Alján e Lorena Fernández, explicarán en todos os barrios do concello o que cualifican de “desproporcionada e inxusta suba de impostos que implicará a modificación desta lei”.
Aseguran dende o bloque que esta norma ten como único obxectivo aumentar a capacidade recadatoria da Xunta de Galiza, facéndolles pagar a todos os veciños e veciñas. O canon da auga gravará por igual o consumo ou utilización da auga procedente de captacións propias -traídas ou pozos- e a que provén do abastecemento municipal.
Engaden os concelleiro do BNG que coa entrada en vigor da nova lei os titulares das captacións propias estarán obrigados a instalar contadores homologados. De non facelo, poderían ser sancionados con multas de até 30.000 euros. Pola outra banda, o BNG critica que se supriman as exencións que actualmente están vixentes e que beneficiaban o medio rural

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará