Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Afectados pola ampliación da AP-9 denéganlle información ao BNG

RR_Noticias

A directiva do colectivo acordou non trasladarlle ao Bloque a información solicitada sobre o recurso contencioso administrativo que teñen interposto contra o Ministerio porque segundo afirman se lles trasladara dende ese partido que “o contencioso era unha perda de tempo e non ía valer de nada”.
 

A Asociación de afectados contra a ampliación da autoestrada “agradecen o apoio recibido por parte dos deputados nacionalistas Olaia Fernández Davila e Henrique Vieitez” con quen se reuniron a pasada semana pero rexeitan trasladarlle ao BNG unha copia da documentación do contencioso administrativo que esta asociación ten interposto contra o Ministerio de medio Ambiente, Rural e Mariño.
Argumentan esa negativa no feito de que nunha reunión mantida co Concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, o edil lles tería dito que “facer o contencioso era unha perda de tempo e non ía valer de nada”.
Lembran que elaborar dita documentación custoulles 15.000 euros sen que dende o goberno local se lles proporcionase ningunha axuda económica para afrontar este gasto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará