A figura e a música do Zeca tamén se lembrará na proxección dun documental mañá mércores ás 22:30 na Discotasca. A Radio Municipal súmase ás homenaxes coa difusión de microespacios en torno ao cantautor no programa A Estación.
Durante os vindeiros días vaise celebrar en Redondela diferentes actos en homenaxe á figura do cantor portugués José Afonso, que arrancará mañá mércores día 28 de xullo coa proxección do documental “Legados de José Afonso” que se poderá visionar na Discotasca a partir das 22.30h. O sábado 31, o Colectivo “A virada” ofrecerá un concerto de músicas do Zeca na Casa da Torre, a partir das 23h. E xa por último, unha exposición en torno a súa figura que se poderá ver na Casa da Torre na primeira quincena de agosto. Ademáis durante esta semana do 26 ao 30, a Radio Municipal de Redondela coa fin de difundir a figura do Zeca emitirá uns microespacios informativos e musicais enmarcados dentro do programa A Estación (11:00 a 13:00 horas) As actividades están organizadas polo Colectivo Despiste de Redondela e a Associaçao José Afonso (AJA) de Portugal.