Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Espazos sonoros na Illa de San Simón

RR_Noticias

No mes de outubro desenvolveranse na Illa de San Simón catro concertos enmarcados dentro do programa Espazos Sonoros da Consellería de Cultura.

A Illa de San Simón acollerá durante o mes de outubro catro dos concertos que se programan dentro do ciclo musical Espazos Sonoros. Un programa que pretende aunar a vangarda musical coas paisaxes e escenarios de relevancia histórica. Por ese motivo, este ano un dos escenarios escollidos nesta ocasión será a Illa de San Simón. A música de Dona Rosa o sábado 9 de outubro ou o concerto da Banda de Josephine Foster e Víctor Herrero o 30 de outubro. Na fin de semana intermedia, os dáis 23 e 24 actuarán o Ensemble Oni Wytars e La Cecchina, que completan as catro actuacións previstas para este outono. A Fundación Illa de San Simón ten previsto que na segunda semana de setembro, se habilite o sistema de reserva para asistir aos concertos e a información complementaria a través da páxina web da fundación, como prezos, forma de pagamento, horarios e normas de acceso.

Xabier Alonso xerente da Fundación
Concertos alternativos en espazos diferentes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará