Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa da Chula espera recibir mil visitantes

RR_Noticias

A parroquia de Moscoso acolle este domingo a X edición da festa da Chula, un prato realizado con ovos, millo e leite. Serviranse ademais outros produtos gastronómicos e os asistentes poderán gozar dunha feira de produtos ecolóxicos e artesanais

Como sobremesa ou como prato principal, a chula foi gañando adeptos aínda que naceu como un alimento de subsistencia en tempo de fame. Precisamente renderlle homenaxe a este produto elaborado con ovos, millo e leite foi o inicio dunha cita gastronómica na parroquia de moscoso en pazos de Borbén que chega este domingo á súa décima edición. Unha cita para o padal onde haberá tamén a posibilidade de degustar un amplo menú a base de polbo, churrasco, paella, empanadas e sobremesas variadas elaboradas polos veciños da zona e pola Asociación de Veciños Santo Paio organizadora do evento. O pregoeiro nesta ocasión será o alcalde de pazos, Andrés Iglesias. Durante todo o día os asistentes poderán ademais achegarse a unha feira de produtos ecolóxicos e artesanais así como visitar unha exposición de pintura que acolle o Centro Cultural da parroquia ou ben visitar os arredores dun concello moitas veces descoñecidos para os veciños da comarca

Ricardo Etxeberría
Un producto que serve o mesmo de sobremesa que de prato principal
Coñecer Moscoso
Achegarse a festa serve tamén para coñecer un concello descoñecido por moitos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará