Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras da piscina de Chapela estarán rematadas no prazo previsto

RR_Noticias

Nuns días estará rematado o local que será cedido ó Club de Remo de Chapela. Para poder cumprir coa data de entrega, no mes de decembro, a empresa incrementou o número de operarios e as horas de traballo. As previsións apuntan a que nuns quince días procederase a derrubar a nave de Cardona, actual sede do club.

Houbo varios atrasos na execución dos traballos, pero agora todo apunta a que as obras da primeira fase do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela estarán rematadas a tempo. Para cumprir cos prazos do proxecto a dirección de obra tivo que aumentar o número de operarios e as horas de traballo. En total son setenta os operarios que traballan na obra de sete da mañá e o dez da noite. As instalacións contan cun orzamento de 5,6 millóns de euros, aínda que as obras que se fan actualmente son só as da primeira fase, cun importe de 3,2 millóns, que se financian con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local. De aí a necesidade de que os traballos estean rematados antes de fin de ano, xa que do contrario o Concello podería verse obrigado a devolver esta subvención. A seguinte fase, que completará as instalacións cun ximnasio e servizo de “spa” deberá ser rematada pola empresa que explote as instalacións cando saia a concurso.
Derrube da nave de Cardona
A parte que corresponde ás novas dependencias do Club de Remo de Chapela é a máis avanzada. As previsións da empresa encargada dos traballos calcula que esta parte do edifico estará rematada en poucos días, polo que a próxima semana podíase empezar co traslado das embarcacións do equipo. Deste xeito nun prazo duns quince días podería levarse a cabo o derrube da nave de Cardona, actual sede do Club de Remo de Chapela. Unha vez derrubada poderase avanzar na construción da fachada e a planta superior do novo edificio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará