Os de Fran Teixeira fixéronse coa praza ó gañar ó Magope 6 do Nadal. Na seguine fase, que se xogará en xaneiro, enfrontarase ó Pilotes Posada, que eliminou ó Peguform SAR. Agora a cita máis inmediata é a competición ligueira, o seu próximo partido será precisamene en Coia co 6 do Nadal.
Un ano máis o equipo de balonmán de Chapela colócase entre os catro mellores da comunidade ao pasar á semifinal da Copa Galicia. Conseguírono despois de gañar por 25 a 34 ó Magope 6 do Nadal en Coia. O sistema de cruzamentos lévaos a enfrontarse na seguinte fase co Octavio Pilotes Posada, o favorito ó título, e que vén de eliminar ó Peguform SAR por 18-28. Os outros dous semifinalisas son o Teucro e o Cangas. Estas semifinais disputaranse en xaneiro. Para Fran Teixeira, adestrador do Chapela, a eliminatoria preséntase “moi complicada”, xa que ademais están emparellados co Octavio, considerado o favorito para o título e, a entender de Teixeira, o equipo “máis forte” do grupo. Con todo, o técnico entende que “falta aínda moito para xaneiro”, e nese momentto verase como están os equipos. Agora o que preocupa ó Paraxe Chapela é a próxima cita ligueira. E os caprichos do calendario fan que os redondeláns volvan a Coia. O sábado xogarán de novo co Magope 6 do Nadal, pero neste caso o partido de liga. Teixeira non se confía por telos superado no partido de Copa, e insiste en que o encontro desta fin de semana será “moi diferente”. Sobre todo porque os dous equipos xa se coñecen, despois de ter disputado o seu primeiro enfrontamento o pasado venres.