Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Recambios Tucho” cabeza de cartel da III edición do Ventorock

RR_Noticias

O festival de música que se celebra pro terceiro ano consecutivo en Ventosela contará tamén coa actuación dos grupos homenaxe a Led Zeppelin, The Silence e Skandalo Gz. A charanga os Veraneantes amenizará xa a partir das sete da tarde a carpa na que se servirán ración de callos a galega a prezos populares

Recambios Tucho, o grupo que naceu baixo a dirección do creador dos desaparecidos Heredeiros da Crus será un dos invitados á III edición do Festival Ventorock que se celebra o vindeiro sábado día 6 na parroquia de San Martiño. Un grupo que busca darlle unha volta aos grandes clásicos do rock dos 70 pero que tocará tamén as cancións mías famosas da antiga formación. Estará acompañado no escenario polo grupos locais Homenaxe a Led Zeppelin que regresará cun tributo á mítica banda de Rock e coa banda de metal-rock The Silence. Tamén no cartel deste ano Skandalo Gz, formación procedente de Ponteareas que mostrarán o seu estilo ska-punk reivindicativo. Ademais da música non faltará a comida e a festa rachada xa a partires das sete da tarde. Primeira edición da Novembro Fest onde se servirán racións de callos á galega acompañados por viño ou cervexa e que contará coa presenza da charanga Os Veraneantes Para o festival contarase cunha carpa totalmente pechada, repartiranse castañas asadas de balde e as bebidas serán a prezos populares.

Chopi Asociación Ventorock
Ccatro grupos sobre o escenario na III edición
Novembro fest
Serviranse callos á galega e bebida a prezos populares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará