Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous enxeñeiros de Redondela apostan pola fabricación de furgonetas eléctricas

RR_Noticias

Florentino e Plácido Míguez traballan nun prototipo de furgoneta, orientada ao mercado profesional que permitiría un importante aforro en combustible. O obxectivo e vender 250 unidades ata o 2015.

É a electricidade unha alternativa real a combustibles como o gasóleo ou a gasolina? Hai no mercado un oco para os vehículos eléctricos?  Florentino e Plácido Míguez Duran están convencidos de que a resposta é afirmativa e por ese motivo embarcáronse nun ambicioso proxecto que contempla a fabricación de furgonetas eléctricas. O seu obxectivo é comezar a producir este vehículo, orientado a profesionais e empresas no ano 2012 para chegar ás 250 unidades no 2015. Estes dous emprendedores están a traballar xa no prototipo da súa furgoneta que podería acadar unha velocidade máxima de 120 km/hora, 190 cabalos de potencia e unha autonomía de 190 quilómetros. Os irmáns son conscientes dos hándicaps deste tipo de vehículo pero prefiren con todo centrarse nas vantaxes de adquirir unha furgoneta eléctrica que non son poucas comezando pola económica xa que “aínda que os compradores terían que investir unha cantidade maior na compra inicial, veríanse compensados a medio prazo xa que o custe en combustible sería de 1 euros cada 100 kilómetros cando en gasóleo o gasto medio é de seis ou sete euros” Un proxecto que pasa necesariamente por lograr financiamento, xa que necesitan reunir 1’1 millón de euros para completar as dúas fases do seu proxecto: 500.000 para desenvolver o produto e conseguir a homologación do Ministerio de Industria e outros 600.000 para financiar o stock e poñer en marcha a actividade.

Plácido Míguez características
O vehículo terá unha autonomía de 190 kilómetros
Florentino Míguez pros e contras
Non ten unha gran autonomía pero sí permite un importante aforro
Furgonetas comerciais
Son varios os motivos de dirixirse a profesionais e non a ususarios particulares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará