Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Clases maxistrais de Kepa Junkera, Antonio Placer e Steven Greenman en San Simón

RR_Noticias

A Axencia galega de industrias culturais (Agadic) organiza un novo ciclo de tres clases maxistrais que impartirán os mestres Steven Greenman, Kepa Junkera e Antonio Placer en distintas datas de novembro e decembro e que desta volta trasladarán o seu emprazamento á Illa de San Simón.

O violin Klezmer, os instrumentos vascos tradicionais e a relación entre creación vocal e improvisación serán os principias eixos temáticos desta terceira edición das master class.
A primeira delas terá lugar do 18 ao 20 de novwembro da man do compositor e intérprete estadounidense Steven Greenman, recoñecido internacionalmente como un dos mellores intérpretes do violín klezmer.
As outras dúas citas desenvolveranse os días 16, 17 e 18 de outubro co compositor, produtor e músico kepa Junkera mestre do acordeón vasco trikitixa.
Na terceira master class Antonio Placer cantor, compositor e poeta galego afincado en Franscia proporá enfocar a creación musical a través do traballo de improvisación
Cada master class ofrece un total de 12 horas lectivas para un máximo de 15 alumnos. Estes serán seleccionados directamente polos mestres en función dos seus méritos e deberán achegar os seus propios instrumentos como requisito de participación. O prezo da matrícula é de 50 euros. Os interesados, que poden ser músicos xa profesionais ou estudantes de escolas de música e conservatorios, teñen a posibilidade de realizar a inscrición en liña a través da páxina web www.masterclassdemusicatradicional.info.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará